Tres victorias contundentes e unha pola mínima na primeira xornada en 3ª división. Costa arrancar, e mentres cada equipo vaise facendo ó ritmo da competición non vamos a poder ter una visión xeral do que vai a dar de si a liga.
- Abaco 24 - Vikings 45: O último clasificado na tempada pasada en 3ª comeza con pouca fortuna, saíndo derrotado por máis de 20 puntos ante un dos novatos da liga. Os Vikings veñen con gañas de aspirar a todo. Veremos como levan os seguintes enfrontamentos.
- Black Roosters 21 - Raiders 44: Tímida actuación dos Black Roosters que a tempada pasada remataron en metade da táboa por diante do seu primeiro rival deste ano. Raiders pretende esquecer o pasado e quere comezar con bo pe a competición.
- C.B. Mariano 25 - R.Portas C.B. 58: Mariano voltaba á terceira división tras pasar un ano de contratempos en segunda no que non foron quen de levantar a cabeza. Fronte a eles R.Portas C.B., sucesor de Miami, que tivo un papel moi similar ó seu rival na categoría de prata, pero que comezou este ano moi enchufado, deixando a Mariano con máis de 30 puntos de diferencia no marcador.
- Lonza 31 - N-Beade 32: representantes da zona media da táboa o ano pasado nesta categoría, parece que seguen fieis ó seu estatus. Victoria mínima con baixo tanteo e poucas diferencias por tanto entre eles. Todo apunta a que serán rivais directos unha vez máis este ano.
Recordade que despois dos partidos podedes facer un comentario no post dos horarios do fin de semana para contarnos algunha particularidade do encontro. Todo axuda para que non teña que facer como Perico no Tour para meter recheo ;-)
Saúdos
Karnixouvas
Parece a falta do partido aplazado que a liga pode estar dividida en dous. Vexamos a segunda xornada a ver se confirmase a diferencia.
ResponderEliminar