A 4ª xornada en terceira desputarase case íntegramente o sábado en Balaídos cun so partido madrugador o domingo.
Vikings terá xornada doble comezando con este partido ante Ouxo Bouzas e seguindo con N-Beade o que lles pode deixar tras este finde en moi boa posición, de gañar ambos. Veremos se Ouxo deu recuperado algún dos seus xogadores para afrontar o partido con garantías, inda que xa vimos do que son capaces con pouca xente.
N-Beade atópase a medio camiño na clasificación con balance de 1-1 trala súa derrota fronte Ouxo na xornada pasada. Despois do seu partido ante Vikings terá que dar o callo ante R.Portas C.B. que está invicto e busca seguir sumando para afianzarse na primeira plaza.
Raiders ven pisando forte e buscará tamén outra victoria ante Lonza para seguir botándo o pulso polo liderato. Lonza fixo un partido decente a xornada pasada ante Portas a pesar da derrota, e terá que volver a esforzarse para estar á altura de Raiders que este ano quere presentar claramente a súa candidatura ó ascenso.
Abaco ten moito traballo que facer para saír da última plaza da clasificación. Non e fácil plantexar os partidos desde ese lugar pero inda é pronto para sentenciar a ningún equipo. Desta vez tócalles Don Balón Momper do que so lles separa una victoria e que teñen todo na súa man para seguir transitando na zona media da táboa.
Black Roosters deberá cumplir ante C.B. Mariano para seguir maís pendente dos de arriba que dos que veñen por detrás. A súa victoria ante Vikings na xornada pasada probablemente deixoulles bo sabor de boca e terán a ambición suficiene para enfrontarse a Mariano, que ocupa unha comprometida séptima plaza, tendo recursos para estar algo máis arriba pelexando por outros obxectivos.
Sorte a todos este finde.
Saúdos
Karnixouvas
Portas 62 - N-beade 32
ResponderEliminar