mércores, 22 de novembro de 2017

2ª División. Resultados Xornada 8 | Horarios Xornada 9


Moi boas, unha semana máis achegamos os resultados da 8ª xornada en segunda división, cando xa estamos chegando o ecuador da liga regular. Un anónimo comentaba que si a pasada xornada todo foran victorias "locais" agora apostaba case o 100% por visitantes, que foi finalmente o que aconteceu.

Academia Atenas non puido sacar renda do seu partido contra R.Portas Overtake e remataron perdendo un partido bastante tímido en puntuación no que a Portas chegoulle con 39 para gañar o partido. Para eles é unha bota noticia non deixarse puntos neste tipo de partidos, se queren aspirar a loitar pola clasificación para o playoff de ascenso. Atenas ten moito traballo por facer e a conta atrás comeza pronto, é implacable e pode sentenciar a máis de un equipo antes de tempo, tal e como están as cousas pola zona baixa

Alcume Basket acumula a súa segunda derrota consecutiva, o verdugo non foi outro que Ouxo-Bouzas, que segue a comandar a clasificación sen dificultade, con cero derrotas. Alcume mantén o posto pero ve como por arriba afástanse un pouco e por abaixo recortan distancia. Moi importante para eles polo tanto voltar á senda das victorias nas vindeiras xornadas para seguir apostando forte pola zona alta.

Amfiv segue inmerso no seu particular pesadelo e caeu derrotado por máis de 20 puntos contra Exacta Sperta. Non hai por tanto melloría e os rivais tampouco axudan, o prato forte agárdalles a vindeira xornada contra Ouxo...Probablemente non recorden unha tempada en segunda similar e agora mesmo están nunha situación moi complicada para o seu futuro, inda queda liga, todo se verá. Exacta Sperta alcanza o terceiro posto con esta victoria e teñen a oportunidade de poñer algo de distancia co seu inmediato peseguidor, Angel Mapfre na vindeira xornada.

Angel Mapfre pinchou ante Deportes Balbi e cedeu dous postos na clasificación. Balbi está facendo un bo traballo últimamente e pecha con esta victoria a primeira volta cun balance de 5-3. Venlles ben o descanso da xornada 9 para coller folgos e entrar con ganas na segunda volta, onde lles esperan Exacta Sperta e Ouxo Bouzas. Angel Mapfre levaba unhas cantas xornadas gañando os partidos por un estreito marxe e desta vez non foron rivais para Balbi. Poden ter algo que dicir todavía no importante partido da última xornada da ida ante Exacta Sperta.

E velaquí os horarios da xornada 9.

Un saúdo

Karnixouvas

 

1 comentario: