xoves, 2 de novembro de 2017
2ª División. Resultados Xornada 5 | Horarios Xornada 6
Boas a todos, xornada moi ambigua en segunda con algún resultado sorpresivo que repasamos a continuación.
Angel Mapfre venceu no seu partido a Alcume Basket por cinco puntos (59-54) cun bo reparto de puntuación para ambos equipos que confirma o bo estado de forma de ambos conxuntos que so acumulan un partido perdido nestas 5 xornadas (Alcume cun partido menos). Angel Mapfre segue apuntando alto e parece ser deses equipos que é capaz de adaptarse ás condicións dos seus rivais para estar sempre un puntiño por enriba deles. Neste caso a diferencia con Alcume foi pouca, tamén porque se trata doutro equipo que está facendo as cousas moi ben e quere amosar que está aquí para presentar batalla ante calquera equipo.
Deportes Balbi deu un recital ante Academia Atenas (62-28), un resultado pouco agardado, non pola victoria de Balbi, senón pola diferencia de puntos. Atenas leva un balance de 1-3 pero facendo bo papel nas dúas anteriores derrotas polo que chama a atención este pinchazo tan estrepitoso, máis sendo Balbi un rival que parece do seu nivel.
Exacta Sperta fixo o propio con Raiders deixándoos afundidos a 27 puntos (61-34). Raiders leva 3 xornadas consecutivas sen victoria, sendo o seu único triunfo ata a data contra Amfiv, pero cun rendemento moi irregular que non sei onde os vai a situar no futuro. Exacta Sperta colle alas para seguir trepando postos na clasificación e probablemente tras este partido afrontará con entusiasmo as seguintes xornadas.
Ouxo Bouzas, o único equipo invicto ata o momento continúa a selo despois da súa victoria ante un R.Portas Overtake que non foi rival e que segue en situación comprometida despois de 5 xornadas. A Ouxo non lle treme o brazo e vai facendo caer ós seus rivais sen maiores problemas, sendo Exacta Sperta o único que lles puido facer algo de fronte na xornada 3 (45-57).
Velaquí os horarios para a vindeira xornada.
Un saúdo
Karnixouvas
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Amenaza 47 - Lore 49
ResponderEliminarAmenaza se deja una victoria con Lore?
ResponderEliminarPrimera sorpresa de la jornada.
Mas resultados, por favor.
UVigo le gana a NeoGeo.
ResponderEliminarCentolos gana a marrajos
ResponderEliminarSegunda sorpresa de la jornada!!!
ResponderEliminarY ya tenemos 3 de 5 resultados.
Basket hound gana a ralarsa
ResponderEliminarY van 4, si los veterinarios o los indios tienen a bien comentarnos su partido hacemos pleno.
ResponderEliminarMenciña 48 - skins 33
EliminarY en segunda que? Como fue la cosa?
ResponderEliminarAnfiv 41 - Ángel Mapfre 47.
ResponderEliminarOuxo gana a raiders
ResponderEliminar