mércores, 29 de novembro de 2017
2ª División. Resultados Xornada 9 | Horarios Xornada 10
Moi boas! Coa xornada 9 completamos a primeira parte da liga regular en segunda división cos resultados que comentamos a continuación.
Exacta Sperta e Angel Mapfre (61-52), partido importante polos postos de clasificación para o playoff, no que se desfaría o empate e que neste caso foi caer do lado de Exacta Sperta (6ª victoria consecutiva) que amosa unha vez máis a súa forte candidatura para loitar polo ascenso e sube ata a segunda posición, Angel Mapfre baixa un pouco e terá que facer méritos para sair dese grupo con balance 5-3 que agora forman tres equipos e que ten pinta de que vai a estar moi apretado. As opcións seguen a tiro para todos.
Ouxo Bouzas segue na mesma dinámica, pasando o rodillo...nesta xornada a vítima foi Amfiv. Sobran os dedos dunha man para contar os equipos que remataron perdendo por menos de dez puntos contra eles, polo que non están atopando un rival á altura tampouco nesta categoría. Nas vindeiras xornadas atoparanse con rivais da zona alta polo que veremos se xa a estas alturas da liga hai algún que poida facerlle frente ou non. Os de Amfiv terán que esperar mellor a levantar cabeza con algún rival da zona baixa para borrar ese feo balance de 1-7 con esa única victoria que arrastran desde a xornada 1.
R.Portas Overtake e Alcume Basket foron partícipes dun dos choques máis igualados da xornada. Alcume necesitaba unha victoria para seguir enganchado á zona media-alta en Portas tiña claro que para entrar nese grupo tería que gañar este partido si ou si. Ambos conxuntos apostaron forte desde o inicio con diferencias moi pouco significativas durante todo o encontro. Ó final dos 50 minutos o electrónico reflexaba empate, así que todo decidiuse nunha prórroga igualmente desputada na que finalmente Alcume levou a victoria (47-50). Boas sensacións as de ambos equipos. Se houbera premio á combatividade, sen dúbida sería para algún deles, polo que todo apunta a que seguirán dando guerra no que queda de liga.
Raiders e Atenas chegaban a esta xornada con empate no balance (1-6) ocupando os postos 8º e 7º respectivamente. Intuíase un partido moi igualado e parece que así foi. Atenas alcanzaba a victoria (41-47) despois de cinco xornadas consecutivas perdendo, pero lonxe do que nos primeiros compases da tempada atestiguaban. Raiders queda polo momento igualado na cola do grupo con Amfiv, e terán que cambiarlle a cara ós resultados máis pronto que tarde... a conta atrás comeza agora.
Deixámosvos cos horarios para a xornada 10
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Portas 55 - Amfiv 35
ResponderEliminar