mércores, 8 de novembro de 2017

2ª División. Resultados Xornada 6 | Horarios Xornada 7



A 6ª xornada en segunda división comezou o sábado as 16:30 co partido entre Alcume Basket e Deportes Balbi que rematou con victoria para Alcume (51-41) o que segue dándolles alas para afianzar a súa posición nos postos altos da categoría, con Exacta pisándolle os talóns. Balbi parece que aguantou o tipo e ten por diante varias xornadas nas que debe estar a altura para non perder comba (Amfiv, Angel Mapfre e Exacta Sperta).

O partido entre Amfiv e Angel Mapfre rematou con victoria para os últimos (41-47). Amfiv segue de capa caída encadeando a súa 4 derrota consecutiva nun pesadelo que non parece ter fin e Angel Mapfre non desaproveitou a oportunidade e sacou tallada do seu estado anímico para conseguir unha victoria que lles mantén con opcións de seguir tendo a tiro a Ouxo polo primeiro posto.

Raiders foi o que recibiu a derrota máis dolorosa da xornada, perdendo no seu partido contra Ouxo por 25-59. Pouco que comentar ó respecto. Equipos que xogan por obxectivos totalmente diferentes e que ademais están moi dispares en canto a rendemento. Ouxo e unha máquina ben engrasada que se pode non deixa puntos polo camiño e Raiders todavía está buscando o seu camiño na segunda división, o que lles está resultando especialmente amargo.

Pecharon a xornada Academia Atenas e Exacta Sperta (38-64) cun recital de Exacta para acadar a súa terceira victoria consecutiva e coller un pouco de marxe con Balbi na clasificación. Os de Atenas, pola contra, levan dúas xornadas descoñecidos, lonxe de esa imaxe de equipo competitivo coa que comezaron a tempada e que deberán recuperar canto antes para sair dos postos de descenso.

Achegamos os horarios para a seguinte xornada.

Un saúdo

Karnixouvas


4 comentarios:

  1. En la página de VIDE pone que el partido de OUXO-ATENAS es en el Berbés. Creo que hubo un error al poner los horarios.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Efectivamente, gracias polo apunte, xa está corrixido.

      Eliminar
  2. Portas 52 - Raiders 44

    ResponderEliminar
  3. Balbi 71- amfiv 23

    ResponderEliminar