xoves, 16 de novembro de 2017
2ª División. Resultados Xornada 7 | Horarios Xornada 8
Victorias para os "locais" nos partidos deste pasado fin de semana en segunda división.
Deportes Balbi protagonizou a "paliza" da xornada (71-23) fronte a un Amfiv en caída libre que non coñece a victoria desde a primeira xornada. Parece ser que Amfiv conta con baixas importantes no seu plantel e de ahí o seu pobre rendemento. Balbi con esta victoria alcanza o terceiro posto, cun partido máis sobre o resto de cabeza, pero apunta maneiras. Será agora cando teña que demostrar si é capaz de dar algo máis no seu próximo partido ante Angel Mapfre co que pechará a primeira volta. A Amfiv non lle quedará outra que agardar a recuperar xente para salvar a situación canto antes, agora comezan a ser importantes todos e cada un dos partidos que teñen por diante.
Exacta Sperta venceu a Alcume Basket (55-46) nun duelo moi interesante no que Exacta recorta terreo cos de arriba e Alcume cédelle o posto. Non me cabe dúbida de que ambos equipos seguirán loitando por quedar nos postos que dan acceso ó playoff de ascenso, e un sevidor aposta a que estarán ahí cando chegue o mes de marzo.
Ouxo Bouzas suma e sigue, victoria cómoda ante Academia Atenas (66-42) que asistiu a unha nova derrota fronte a un equipo que vai ao seu, co mellor balance ofensivo e defensivo da categoría. Se alguén tiña dúbidas sobre o seu bo facer na cancha é o momento de cambiar de opinión, o que si non sabíamos e que ían a seguir coa mesma dinámica que o ano pasado en terceira... darán perdido un partido? Academia Atenas segue sufrindo nos últimos postos da clasificación, polo menos rematarán a primeira volta enfrontándose a equipos a priori máis accesibles (Portas e Amfiv), nos que será imprescindible facer un bo papel para sacar algún resultado positivo.
R.Portas Overtake volveu reencontrarse coa victoria frente a Raiders (52-44) e vislumbra unha melloría que terá que confirmar nos partidos que restan para rematar a primeira volta algo máis arriba (Atenas e Alcume). Nesta ocasión venceu a Raiders o seu vello coñecido da categoría de plata que transita na zona baixa da categoría e que comeza a ver borroso o camiño cara a zona intermedia da clasificación. A parte boa do asunto é que o calendario das próximas xornadas alberga posibilidades, cunha xornada de descanso e un partido ante Atenas.
Deixámosvos cos horarios para a vindeira xornada, que se desputará integramente o domingo e na cancha do Berbés.
Un saúdo
Karnixouvas
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Pues si la semana pasada fueron todo victorias locales, esta semana yo apuesto por victorias visitantes menos en el ángel mapfre-balbi que creo que los de los seguros están un punto por encima. El atenas-portas también se presenta muy emocionante y quizá haya lugar a la sorpresa ateniense... Suerte este finde!!
ResponderEliminarAtenas 31 - Portas 39
ResponderEliminarBalbi gana a Mapfre de 15 más o menos
ResponderEliminar