Na xornada 21 de terceira división tan so se xogaron 3 partidos, dado que o Lonza - Portas non tivo lugar e a sanción dos Vikings forzaron o descanso de Black Roosters. Cabe destacar sen embargo que Vikings volve aparecer na programación de horarios para a vindeira xornada, parece ser que presentaron recurso para poder regresar á competición, así que voltaremos á normalidade este próximo finde.
Con esta 21ª xornada completada e a falta de seis xornadas, temos xa os postos de ascenso certificados. Ouxo Bouzas, R. Portas C.B. e Raiders militarán o ano próximo en segunda división.
Revisemos o acontecido nesta corta xornada:
- C.B. Mariano 71 - Abaco 32: Mariano fixo os deberes e aproveitou a visita de Abaco para irse os 71 puntos, nun partido demasiado cómodo para eles que sen embargo non serviu para salvar as súas opcións de clasificarse para o ascenso. Certamente xa estaba moi complicado. Abaco non foi quen de facer moito máis.
- Don Balón Momper 22 - Raiders 51: Raiders pola súa parte facía o propio para asegurar esa plaza ante Don Balón Momper quen non estivo á altura e quedou moi por debaixo no marcador
- N-Beade 22 - Ouxo Bouzas 53: semellante resultado o de N-Beade contra Ouxo que segue a ritmo de record, con algún que outro partido interesante que desputar nas vindeiras xornadas.
En canto ós horarios e enfrontamentos para este fin de semana:
- Vikings - Ouxo Bouzas: Vikings volve á competición despois dunha expulsión pasaxeira que finalmente so tivo efecto a nivel puntuación. O retorno vai ser complicado o ter que enfrontarse a Ouxo Bouzas.
- R. Portas C.B. - N-Beade: O segundo clasificado retoma o turno de Ouxo Bouzas para enfrontarse a N-Beade, que terá que volver a loitar para intentar facer un bo papel.
- Raiders - Lonza: Coa tranquilidade que da ter o ascenso no bolsillo, Raiders enfrontarase a Lonza nun partido que non debería ser complicado para eles.
- Abaco - Don Balón Momper: Abaco tentará facer o posible por arañar outra victoria no que queda de liga. Fácil non vai ser, pero tampouco imposible. O caso é que Don Balón Momper saíu escaldado do seu enfrontamento a pasada xornada contra Raiders, e non van querer repetir sensacións.
- Black Roosters - C.B. Mariano: Black Roosters saen do burato despois da sanción de Vikings, pero non van a ir moito máis lonxe no que queda de liga, e máis tendo diante a Mariano, que xogará sen presión algunha pero irá pola victoria.
Sorte a todos
Un saúdo
Karnixouvas
Portas 40 - N-Beade 34
ResponderEliminarParece que Ouxo esta claramente por encima de la categoría, es un equipo nuevo.
ResponderEliminar¿Que me podéis contar de ellos?
¿Son el típico caso de equipo nuevo que empieza en 3ª y va a ir ascendiendo categorías año a año hasta estabilizarse en 1ª, tipo Red Devils o Alcoba? ¿O son mas bien tipo Balbi o Exacta Sperta?
O tempo e as ganas dirán onde van estar os vindeiros anos, pero se quedamos co que están facendo nesta tempada, é claramente un equipo que non ten rival na categoría, e que a nivel global probablemente o seu lugar estaría en primeira. Veremos que acontece na copa, e como se lles da contra equipos de categorías superiores.
EliminarNi idea de quienes son Red Devils o Alcoba, ni tampoco Balbi o Exacta Sperta ( a todos os mandamos un saludo ). Te puedo contar de los del Ouxo que son gente maja, que está para divertirse y aprovechar el rato para sudar un poco. Es la excusa que tienen los casados para escabullirse de sus obligaciones conyugales y paternales, y luego estamos algunos indecentes que tiramos de los veteranos porque las noches son muy buenas, el baloncesto viene a ser la excusa para llevar más entradas en churruca que en canasta contraria. De nuestro juego? Poca cosa, del montón digamos.
ResponderEliminarSon equipo de primera de sobra
ResponderEliminarLos de Ouxo juegan a algo distinto al resto de equipos de tercera.
ResponderEliminarHe jugado contra Exacta y Balbi y, en mi opinión, los de Ouxo están a un nivel muy superior.
Y son guapísimos todos !!
ResponderEliminarLos Warriors pero con mejor juego interior
ResponderEliminary que pelasos.....
ResponderEliminar