Punto e final á competición ligueira en segunda división, que nos deixou unha xornada sen sorpresas e cos diferentes equipos xa pensando na copa.
- Dragon's Spirit 35 - C.B. Los 80's Alcabre 47: victoria por 12 puntos de Alcabre que remata a liga a un paso do terceiro posto e que tentarán volver ao asalto dos postos de ascenso na vindeira campaña. Dragon's queda coa sexta plaza, nunha tempada de altibaixos na que deixan a sensación de ter moito máis que amosar.
- Guitian Kids 42 - C.B. Cahersa Globossol 52: victoria e balance equilibrado para Cahersa cunha quinta plaza que levou o seu nome durante gran parte da tempada, na que probablemente non tiveron a regularidade desexada. Guitian pola súa banda terá que tomar cartas no asunto se quere voltar a segunda división e deberán aproveitar o seu próximo ano en terceira para mellorar eses aspectos que lles lastraron na procura da plaza da permanencia.
- Miami 33 - Basket Hound 56: ampla victoria para os líderes que van con confianza cara primeira, onde terán un importante reto. Noraboa desde aquí para eles polo seu título e pola boa campaña que viñeron realizando e que lles situou como favoritos en gran parte das quinielas. Miami remata o seu estreno na categoría de prata hundido na última plaza, nunha categoría que lles veu grande e que estarán esperando deixar atrás para comezar de cero.
- Neogeo Lunic 39 - Amfiv 52: o pulso entre terceiro e segundo decantouse do lado de Amfiv 2, que se impuxo por 13 puntos a Neogeo Lunic. Ambos equipos realizaron unha tempada moi digna que obtivo como recompensa o ascenso e que lles permitirá despedirse con un novo encontro en copa a vindeira fin de semana.
Un saúdo
Karnixouvas
Ningún comentario:
Publicar un comentario