Boas! a penúltima xornada de liga deixounos os seguintes resultados.
- Amfiv 2 51 - Miami 32: victoria cómoda para Amfiv 2 que inscribe o seu nome no subcampionato de liga de 2ª división e que pecharan a competición a vindeira xornada frente a Neogeo sen nada en xogo. Miami no foi capaz de estar a altura e acumulan a súa 20 derrota volvendo ao posto de colista.
- Basket Hound 50 - Guitian Kids 25: outra victoria fácil para Basket Hound, nun partido de puro trámite no que Guitian pouco puido facer, perdendo por 25 puntos de diferencia.
- C.B. Cahersa Globossol 37 - Dragon’s Spirit 48: o duelo entre 5º e 6º foi caer do lado de Dragon’s. Parece ser que a falta de efectivos levou por diante as opcións de Cahersa, algo que aproveitaron os de Dragon’s para sumar outra victoria e chegar as 10, so unha por debaixo do seu principal rival.
- C.B. Los 80’s Alcabre 41 - Colegio Mariano 42: sorpresón. Case ningúen esperaba unha victoria de Mariano fronte a un equipo como Alcabre, que inda que sen nada que xogarse non ían dar o seu brazo a torcer. A entrega de Mariano parece que foi a súa principal arma e Alcabre non ten excusa, así que merecida victoria para Mariano, que pecha así a súa temporada en 2ª.
Karnixouvas
Ningún comentario:
Publicar un comentario