Boas! Xornada sen sorpresas en segunda, a falta de dúas para o final e con moi pouco por decidirse.
- Colegio Mariano 49 - C.B. Cahersa Globossol 51: victoria axustada para Cahersa que queda con un balance de 11-11 nun partido no que Mariano parece que non lle puxo as cousas moi fáciles. Eles teñen por diante soamente unha xornada máis para decir adeus ao seu periplo pola segunda categoría e aproveitar as oportunidades que lles dea a copa.
- Dragon's Spirit 30 - Basket Hound 47: Basket segue pasando o rodillo sen contemplacións, deixando no camiño neste caso a Dragon's que polo que se ve, pouco puideron facer ante a supremacía dos cans. A pesar da derrota, Dragon's xa ten certificada a súa plaza de permanencia para a temporada que ven.
- Guitian Kids 36 - Amfiv 2 45: a derrota de Guitian Kids ante Amfiv 2 confirma o seu descenso a terceira, acompañando a Miami e Colegio Mariano. Amfiv non parece renderse e quere manter a súa segunda plaza, recuperando sensacións nas últimas xornadas.
- Miami 37 - Neogeo Lunic 53: victoria contundente de Neogeo frente a Miami inda que polo que contan non foi un paseo para eles. Parece que o pasaron ben no partido, e Neogeo certifica o seu ascenso matemático a primeira división con este resultado.
Voltamos mañá cos horarios.
Karnixouvas
Ningún comentario:
Publicar un comentario