xoves, 16 de marzo de 2017

3ª División. Resultados Xornada 19 | Horarios Xornada 20


A 19ª xornada de liga en 3ª división rematou sen sorpresas:

  • Abaco 32 - Vikings 53: Vikings comeza a terceira volta con bo pe e inda están a tempo de facer dano nese gran grupo da zona media da táboa no que están nada menos que cinco equipos. Con algo máis de sorte apostaría que poden rematar a liga no quinto posto. Abaco estivo lonxe, sen opcións, así que a pensar no próximo partido. Seguro que son quen de conseguir outra victoria no que queda de liga, ánimo!
  • Black Roosters 34 - Raiders 38: partido moito máis apretado do agardado. Black Roosters perdeu o partido por tan so 4 puntos, fronte a uns Raiders que non poden relaxarse se queren manter ese codiciado terceiro posto. Non deixa de ser sorpresivo por tanto esa baixa puntuación de ambos equipos e que Black Roosters fora capaz de ter a Raiders contra as cordas coa tempada tan complicada que levan.
  • C.B. Mariano 49 - R.Portas C.B. 59: golpe sobre a mesa de Portas que inda así obtivo resposta por parte de Mariano no que semella foi un "toma e daca" que Portas puido controlar para levar a victoria final. Non foi un partido fácil como atestiguan na súa crónica con 49 puntos en contra, lonxe do seu rexistro medio. Mariano pretende comezar esta terceira volta de cero e parece que vai con todo para esgotar as opcións que lle quedan de alcanzar polo menos o terceiro posto.
  • Don Balón Momper 35 - Ouxo Bouzas 52: victoria cómoda para Ouxo, que xa empezan a contar as xornadas que quedan para pechar este trámite que está a ser para eles o estreno nesta competición. Para Don Balón Momper claramente non era o seu obxectivo así que teñen tempo a centrarse cos seus rivais directos.
  • Lonza 42 - N-Beade 17: soberano repaso de Lonza que barreu da pista a N-Beade que en 50 minutos so foi capaz de marcar 17 puntos. Pinchazo estrepitoso despois de caer derrotados ante Don Balón Momper quedando sen colchón e obligado a comezar a reaccionar. Lonza apunta unha nova victoria e segue a dar guerra na zona media.
E vamos cos horarios da 20ª xornada:


  • Vikings - N-Beade: Vikings está en disposición de seguir aumentando a mala racha de N-Beade. Tardaron en espertar pero coido que con un pouco de confianza e boa asistencia os partidos, son capaces de facer moito máis. Aposto por eles neste partido. N-Beade pola súa parte non pode deixar escapar outro partido frente a un rival directo e ten moitos deberes por facer.
  • Ouxo Bouzas - Lonza: tócalle o coco a Lonza esta xornada, pouco terán que facer, así que a tentar facelo o mellor posible e sobre todo a disfrutar do partido.
  • R. Portas C.B. - Don Balón Momper: estadística clara a favor de Portas, que ven conseguir unha victoria importante fronte a Mariano, e quererán seguir demostrando por qué están nesa segunda plaza con tan so dúas derrotas (fronte a Ouxo). Para Don Balón, segunda xornada consecutiva contra outro dos equipos máis competentes da categoría, bo momento para tentar rendir ó máximo e así estar preparados para os partidos máis importantes que terán no futuro.
  • Raiders - C.B. Mariano: partido moi importante para ambos conxuntos, rivais directos no obxectivo de conseguir o ascenso, no que vai con vantaxe Raiders. A mala racha de Mariano nas últimas xornadas estalle a complicar moito o asunto, e as opcións comezan a esgotarse. Conseguir esta victoria contra Raiders é crucial. O balance particular entre eles están en 1-1 así que todo pode pasar.
  • Abaco - Black Roosters: os dous colistas fronte a fronte de novo. O balance e de 2-0 para Roosters, pero con pouco marxe sobre Abaco que pode e debe conseguir esta victoria para deixar de ser o faroliño da categoría, ou polo menos para compartilo.
  • C.B. Mariano - Ouxo Bouzas: o primeiro dos dous partidos a recuperar da xornada 18 enfrontará a Mariano contra Ouxo. Con menos enerxías e quen sabe que convocatoria, estas xornadas dobles son unha arma de dobre filo. Mariano quere demostrar que lle queda gasolina para o que resta de liga e nunca lle perden a cara os partidos. O certo e que o rival é deses equipos que non coñece a palabra "derrota" e non parece que queiran saber nada o respecto.
  • Black Roosters - R. Portas C.B.: Black Roosters volve a toparse con Portas, quen puxo o listón moi alto levando por diante as mínimas opcións dos Roosters no ata agora único partido desputado entre eles (42-17). A victoria parece clara para Portas, inda que xa sabemos que as xornadas dobles son complicadas para todos.
Sorte a todos

Un saúdo

Karnixouvas

3 comentarios:

  1. Portas 46 - Don Balón Momper 39

    ResponderEliminar
  2. Black Roosters 20 - Portas 56

    ResponderEliminar
  3. Vikins, expulsados de la competición por no comparecer o hacerlo con menos de 5 jugadores, por tercera vez.

    ResponderEliminar