O novo episodio vergoñento protagonizado como non polas pistas de Balaídos a xornada pasada, volveu a levar por diante a metade dos encontros a disputar. En terceira o único que tivo lugar foi o Don Balón Momper 46 - N-Beade 27, victoria importante para Don Balón ante un N-Beade que polo que parece deixou moito polo camiño quedando case 20 puntos por abaixo.
Para esta 19ª xornada temos o seguinte:
Abaco - Vikings: coido que será difícil que Abaco poida importunar a Vikings que levaban bo ritmo ata o non presentado da xornada 17. Buscarán a victoria para seguir facendo presión a ese grupiño de perseguidores dos tres de cabeza.
Black Roosters - Raiders: novo reto para Black Roosters nesta xornada que pouco terá que facer ante Raiders se facemos caso á estadística. Máis ainda tendo en conta que cada victoria para Raiders é vital polo momento.
C.B. Mariano - R. Portas C.B.: Mariano está a atravesar unha mala racha, case tanto como comezaron a liga. O cuarto posto que ocupan comeza a estar comprometido e ten polo menos dous candidatos a ocupalo. Portas podería pechar cun 3-0 o seu balance particular con Mariano de levar a victoria, e comezar a dilucidar o seu futuro.
Don Balón Momper - Ouxo Bouzas: poucas opcións para Don Balón ante Ouxo, e iso que son un equipo deses que sempre trata de impoñerse ás súas propias limitacións. En calquera caso Ouxo está a anos luz e van con paso firme cara a segunda. Raro sería que perdesen un partido no que queda de liga.
Lonza - N-Beade: este pode ser o partido máis reñido da xornada, dous equipos que transitan na zona media da táboa e que están a sufrir altibaixos. N-Beade ven de perder fronte a Don Balón Momper, que está un posto máis abaixo que Lonza, polo que todo pode pasar.
Sorte a todos
Un saúdo
Karnixouvas
Mariano 49 - Portas 59
ResponderEliminar