xoves, 22 de febreiro de 2018
2ª División. Resultados Xornada 17 | Horarios Xornada 18
A xornada 17 rematou e a liga regular queda vista para sentencia a falta de unha xornada, despois de confirmarse as posicións resultantes, na que Ouxo-Bouzas, Deportes Balbi, Exacta Sperta e Alcume Basket lograron a clasificación para o playoff de ascenso. Angel Mapfre, R.Portas Overtake, Academia Atenas, Amfiv e Raiders xogaran por manter a categoría.
Xornada restante por tanto de mero trámite para todos, con algúns partidos máis que interesantes se inda houbese algo que xogarse.
Alcume Basket e R.Portas Overtake darán comezo a xornada o sábado de tarde en Teis. Os primeiros veñen de completar unha liga regular moi satisfactoria, no que amosaron moita competitividade e acadando un posto para o playoff como premio ao seu esforzo. Lembremos que este equipo xogara playoff de descenso o ano pasado perdendo a categoría no deportivo e salvándoa finalmente despois das carambolas de equipos desaparecidos, así que non hai máis que darlles a noraboa por conseguir a clasificación para o playoff e desexarlles sorte. En fronte terán a Portas, un equipo chegado de terceira división, nunha tempada clave na que agardan botar raíces en segunda para deixar de ser o equipo ascensor dos últimos anos. Pesoulles o mal arranque da liga onde non lograron a intensidade e eficiencia que se lle pide a un equipo en segunda para ser competitivo. Espertaron pronto e comezaron a dar guerra obtendo bos resultados que pronto os auparon algo na clasificación, pero a loita dese grupo intermedio deixoulles finalmente fora das opcións para entrar no playoff de ascenso, o que sería sen dúbida un regalo para eles.
O domingo pola tarde, ás 16:00 na pista do Berbés Angel Mapfre xogará o seu derradeiro partido de liga fronte a Exacta Sperta. Mapfre non conseguiu finalmente entrar na zona de ascenso, na que xa tiñan poucas cartas que xogar pero que nunca desfaleceron por conseguilo. A súa derrota contra Deportes Balbi na pasada xornada levaba por diante toda esperanza canta tiñan e so lles queda concentrarse no playoff por evitar o descenso. Noutro escenario este partido tería moitos máis alicientes, pero non neste caso, no que Exacta Sperta, relaxado na súa terceira plaza buscará calmar os ánimos para afrontar unha liguiña de ascenso que se prevé emocionante. Bo traballo o deles no que va de campaña, cun balance de 11-4 e amosando estar moi atinados ao largo de toda a liga regular. De seguro van dar que falar nas vindeiras semanas.
A continuación e na mesma pista asistiremos ao encontro Academia Atenas - Raiders. Duelo de equipos da zona baixa, opción para tantearse mutuamente antes de entrar de cheo na batalla pola permanencia. Ambos equipos van telo difícil, tendo en conta os resultados obtidos despois de 17 xornadas e a diferencia de rendemento cos equipos que están xusto por enriba. Atenas ten a baza de ser o equipo con maior altura da categoría, e se conseguen reunir á xente necesaria para os seguintes encontros poden mellorar as súas estadísticas e voltar a eses bos resultados das primeiras xornadas de liga, alá polo mes de outubro. Raiders pola súa parte ten a difícil misión de salvar a categoría. O colista acumula 1 victoria e 14 derrotas, sendo esa única victoria fronte a Amfiv. A segunda división estalles a quedar moi grande e terán que reciclarse moito para sacar algún rédito dese complicado playoff de descenso que teñen por diante.
Pecha a xornada o Amfiv - Ouxo Bouzas no mesmo pavillón do Berbés. Amfiv, o equipo que regresaba a segunda despois dun aciago ano en primeira, agardaba voltar desfrutar do basket na categoría á que estaban afeitos, pero esta converteuse nun pesadelo que os afundíu na clasificación ata tocar fondo. As baixas e o desánimo meteulles nunha espiral de malos resultados do que xa non saerían quedando fora de toda opción moi cedo. Nas últimas xornadas semella recuperaron algo as sensacións, polo que nos queda a incógnita de como chegarán ó playoff de descenso. Ouxo Bouzas volveu demostrar que é un equipo dominador tamén en segunda e o seu ascenso a primeira para o ano que ben parece máis que claro. Ben certo é que un playoff de ascenso en segunda non é empresa fácil pero moito se lle teñen que torcer as cousas para que non consigan o seu obxectivo.
Deportes Balbi, o equipo que descansa esta xornada, certificou a súa plaza no playoff nas últimas xornadas. Un equipo con moito potencial que inda deixándose algún resultado malo polo camiño certificou unha campaña espléndida na que todavía teñen moito que dicir, veremos o que dan de si nun playoff de ascenso que ten todos os ingredientes para ser apaixoante.
Nada máis por aquí, sorte a todos, voltamos para a semana.
Un saúdo
Karnixouvas
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Alcume 44 - Portas 53
ResponderEliminarÁngel 53 - 73 Exacta
ResponderEliminar