xoves, 15 de febreiro de 2018

2ª División. Resultados Xornada 16 | Horarios Xornada 17


Moi boas, chegamos á 17ª xornada e a clasificación vai camiño de definirse, con tres equipos xa clasificados para o playoff de ascenso e a última plaza todavía en desputa cun posible escenario de triple empate, como comentastes algún no post anterior. Agradecer de feito ao 21 de Ángel Mapfre que está a aportar a súa opinión nos comentarios recentemente, gracias meu.

Polo visto tambén hai algunha alteración na clasificación como xa houbera na pasada por parte da Agrupación, que semella trabucou ou resultados ou clasificación do Amfiv - Balbi. A clasificación que aquí amosamos concorda co resultado, se non metín a pata eu tamén, os números non son o meu...

Dito esto vamos cos horarios para a vindeira xornada.

O sábado ás catro da tarde o pavillón de Moledo acollerá o encontro entre R.Portas Overtake e Academia Atenas. Portas quedou prácticamente sen opcións a pesar da victoria na pasada xornada e agora depende de carambolas para entrar nun posible triple empate do que ninguén ten ganas de botar contas (eu incluído :-P) así que esgotarán o que lles queda de liga regular para seguir tanteando os rivais que terá no playoff de descenso. Atenas é un deles, octavo clasificado con 3 victorias e que saíu derrotado na primeira volta por oito puntos de diferencia. A súa última victoria foi contra Amfiv trala que encadearon derrota tras derrota ata chegar a esta xornada onde tentarán dalo todo para chegar o playoff con máis confianza.

O domingo pola tarde ás 16:45 en Teis Balbi e Ángel Mapfre protagonizarán o partido máis interesante da xornada. Rivais directos por esa codiciada cuarta plaza que daría acceso a xogar o playoff polo ascenso. O posto ten moitas noivas pero as opcións verdadeiramente reais son para estes dous equipos que non van a dar o seu brazo a torcer nos 50 minutos. Balbi ven de unha derrota inesperada frente a Amfiv o que fai que un servidor sospeite de si recuperaron xogadores e volven ser o equipo que eran. En calquera caso deixáronse una victoria que agora lles pode costar caro. Ángel Mapfre sabe das súas posibilidades neste escenario, inda que terán que facelo moito mellor que no partido de ida se queren sacar un resultado positivo. Sorte a ambos.

Ás seis da tarde do domingo a xornada continúa en Teis co Ouxo-Bouzas - Alcume Basket, primeiro contra terceiro, nun partido que poden tomar de preparación para o playoff de ascenso. Pouco que xogarse por tanto, co único aliciente de ver si Alcume e capaz de facerlle fronte a Ouxo. Na primera volta, victoria para os de Bouzas por nove puntos.

Por último e no mesmo lugar ás 19:15 Exacta Sperta e Amfiv, segundo contra séptimo. A priori, Exacta non debería ter ningún problema para levarse a victoria, pero Amfiv leva dúas ou tres xornadas amosando unha melloría notable e tendo en conta que sempre foron un equipo forte en segunda podería haber opcións á sorpresa...

Sorte a todos

Un saúdo

Karnixouvas


4 comentarios:

  1. Balbi le gano a Amfiv de ÷- 15

    ResponderEliminar
  2. Portas 53 - Atenas 38

    ResponderEliminar
  3. 21 de Ángel Mapfre19/2/18 10:38

    Se acabó lo que se daba:
    Balbi 56 - Ángel Mapfre 48.
    Se intentó durante todo el partido. Prácticamente fuimos por delante todo el primer tiempo hasta llegar a un 28-27. Eso sí, las faltas nos penalizaron (3 jugadores terminaron con 3 faltas en ese primer tiempo y ya estábamos con bandera a falta de 13 minutos para el final del primer tiempo). En el segundo salieron más agobiantes, no veíamos canasta con facilidad y se empezaron a ir. Tiempo muerto, ajustamos y la cosa mejoró. Y en plena remontada, otra vez nos pierde la boca. Una técnica que supuso la cuarta para uno de nuestros máximos anotadores, además de tres puntos para ellos, cuando aún faltaban 14 minutos. La 5ª fue poco después. Aún así conseguimos mantener el tipo y nos llegamos a poner a 4 puntos a falta de 2 minutos. Y otra vez las prisas y la mala selección de tiro echó abajo nuestro trabajo.
    Ahora sólo queda jugar el próximo partido como mero trámite para ambos equipos antes de meternos totalmente concentrados en los play-off.
    Un saludo y buena semana.

    ResponderEliminar
  4. Resultados:
    Portas 53 - Atenas 38
    Ouxo 39 - Alcume 51
    Exacta 50 - Amfiv 38
    Balbi 56 - Mapfre 48

    ResponderEliminar