mércores, 13 de decembro de 2017

2ª División. Resultados Xornada 10 | Horarios Xornada 11


Moi boas a todos, imos cunha das derradeiras entradas do ano coa reseña dos resultados da décima xornada e os horarios para a vindeira. A partir desta entrada, aproveitando que comezamos cos partidos de volta, cambiaremos o formato e en lugar de facer crónica dos resultados faremos previsión da xornada que toque. Dado que non temos info do que acontece nos partidos faise difícil facer crónicas así que postos a facer de adivino, mellor facelo cos partidos que están por xogar...


Deportes Balbi afronta un difícil partido contra Ouxo-Bouzas, que siguen invictos liderando a clasificación. Balbi leva un balance de 5-4 que os sitúan en 4º posto empatados con Angel Mapfre con opcións por tanto moi abertas para todo, pero Ouxo probablemente tratará de seguir acrecentando a súa vantaxe na cabeza para deixar as cousas claras de aquí ó playoff.

Angel Mapfre terá un enfrontamento importante ante R. Portas Overtake, no que ningún quererá dar opcións ao outro. Angel Mapfre ten que dalo todo para voltar a estar arriba, despois de perder algún posto trala súa derrota con Ouxo. Os de Portas parece que están con ganas de facer unha segunda volta a bo rendemento para entrar máis forte nese grupo tan igualado entre o terceiro e o sexto.

Amfiv segue vendo o desenvolvemento da competición desde o último posto da clasificación, parecen condenados a xogar todalas súas bazas na liguiña do playoff do descenso. Este fin de semana tócalles enfrontarse a Raiders que están co mesmo balance de 1-8 polo que pode haber opcións para ambos, veremos que pasa.

Por último Alcume Basket e Academia Atenas, terceiro contra séptimo nun partido que non debería ser problemático para Alcume, un equipo competitivo que ten gasolina para rato. Atenas pola súa parte leva dous partidos gañados de oito e inda que no seu primeiro enfrontamento na xornada 2 perderan por 43-47, non da a impresión de que poidan volver a estar ó mesmo nivel.

Un saúdo

Karnixouvas

4 comentarios:

  1. Mi pronóstico, creo que ganarán:

    Ouxo
    Mapfre
    Amfiv
    Alcume

    ResponderEliminar
  2. Equipo de segunda necesita alero, de los que corren el contraataque. Interesados al 606 170806 solo whatsapp.

    ResponderEliminar
  3. Angel Mapfre 44 - R.Portas 45
    ¿Algún resultado más?

    ResponderEliminar
  4. Página de Vide:

    Mapfre 44- Portas 45
    Balbi 39- Ouxo 44
    Amfiv 51- Raiders 37
    Alcume 71- Atenas 49

    ResponderEliminar