mércores, 20 de decembro de 2017

2ª División. Resultados Xornada 11



A 11ª xornada de liga puxo o punto e seguido na competición dando paso as vacacións de Nadal trala que quedan na clasificación tres grupos ben diferenciados. 3 de cabeza liderados por Ouxo Bouzas que a estas alturas seguen sen coñecer a derrota e coido que van completar outra tempada de record como fixeron en terceira o ano pasado. Tres victorias por debaixo está Alcume Basket con 7-3, un equipo que está a facer unha moi boa actuación, tendo en conta que era un dos equipos que rematou en plazas de descenso o ano pasado. É un deses equipos que sen destacar por nada en concreto pelexan os partidos ata o final, e obteñen resultados positivos fruto de ese esforzo. Co mesmo número de victorias e un partido menos atopamos no terceiro lugar a Exacta-Sperta, que non se quere descolgar dos postos de cabeza e van apostar forte ata o final, para loitar polo ascenso, algo que parecen ter bastante claro desde o comezo da competición.

No grupo intermedio atopamos un triple empate entre 4º e 6 clasificado. Deportes Balbi podería estar a cabalo entre este grupo e o inmediatamente superior, pero ata o momento amosaron dúas caras moi diferentes, dependendo de eses dous ou tres xogadores que marcan a diferencia e que non xogan sempre. Se conseguen regularidade nas convocatorias non me cabe dúbida que tentarán asaltar os postos de cabeza. Angel Mapfre está atravesando unha crise e acumula 4 derrotas consecutivas o que freou o seu progreso na táboa, por abaixo tampouco están apretando así que están cometendo erros perdoables, cousa que terán que arranxar pronto se non queren perder o ritmo. R.Portas Overtake segue progresando sendo o segundo mellor equipo dos ascendidos de terceira. Parece que van con ganas de amosar as súas armas no que queda de tempada e así lograr colarse no playoff de ascenso, o que sería un extraordinario resultado para eles.

O grupo de cola confórmano Amfiv, que este fin de semana acadou a súa segunda victoria da tempada. Inda así quédalles un bo treito para escapar dos postos comprometidos, semella que so recuperando efectivos poderán saír dos postos de descenso. Academia Atenas segue de capa caída con dúas victorias e lonxe das sensacións que transmitiron nas primeiras xornadas. Raiders ocupa en solitario a última posición, con so unha victoria e moitas cousas que replantexarse se queren pelexar decentemente pola permanencia.

Sen máis, desfrutade do descanso, feliz Nadal a todos, vémonos en xaneiro!

Un saúdo

Karnixouvas

Ningún comentario:

Publicar un comentario