Rematou a liga en terceira división sen sorpresas, na que Ouxo Bouzas, R. Portas C.B. e Raiders acadaron o ascenso a categoría de plata.
- Ouxo Bouzas, convertiuse sen dúbida ningunha no equipo revelación da categoría. No seu primeiro ano batiron todos os records alcanzando un inmaculado balance de 25-1, sendo a súa única derrota por un no presentado. Non me estranaría nada que en segunda o vindeiro ano fixesen unha tempada tamén moi competente, o tempo dirá. Desde logo en terceira deixaron pegada.
- R. Portas C.B. cumpliu o seu ano en terceira despois de descender o ano pasado e volve a segunda probablemente agardando facer méritos para manterse na categoría, conscientes do reto que supón un grupo no que ás veces as diferencias entre o ascenso e o descenso son tan estreitas.
- Raiders volve tamén a segunda despois de dúas tempadas en terceira, rematando o ano pasado moi lonxe de conseguir o ascenso, proba de que souberon reconstruirse para voltar á categoría de plata con gañas de amosar o que poden facer. Certo é que neste ano as diferencias entre os tres primeiros e o resto de equipos foi notoria, e esto pode provocar un exceso de confianza que se pode pagar caro no futuro, todo pasa por saber adaptarse ás condicións da nova categoría.
- C.B. Mariano deixou este ano de ser un equipo ascensor para quedarse algo lonxe dos postos do ascenso, condenados a pasar outro ano na terceira división. No pasado viña encadeando ascensos e descensos de forma consecutiva entre segunda e terceira, pero desta vez non foron quen de sair adiante, cunha tempada moi irregular que finalmente costoulles gran parte das súas opcións. Toca probablemente reconstruirse, como xa sucedeu con Raiders, para que volvan presentar os seus credenciais á categoría de plata. Ánimo.
- Don Balón Momper mellorou un puntiño o seu estatus con respecto ó ano pasado, inda que sen moito máis o que aspirar. Están cómodos nesta categoría, con xente veterana que sabe como xogar por estes lares, faltaríalles ese xogador estrela que despuntase e lles concedese un plus para estar algo máis arriba.
- N-Beade deu un baixón importante en rendemento nesta tempada. Na pasada alcanzara o cuarto posto, algo que queda agora como un soño de tempos mellores. Moi inconsistentes, con rachas efímeras que pasaron sen pena nin gloria caendo en picado co transcurrir das xornadas.
- Lonza, podemos dicir que un calco exacto que N-Beade, co mesmo balance e coas mesmas sensacións de irregularidade, perdendo un posto con respecto ó alcanzado a tempada pasada.
- Black Roosters completou unha tempada para esquecer. Pouco queda de aquel equipo que se estrenou a tempada pasada cun rendemento aceptable, o que lles situou na metade da taboa pero que non puideron aguantar o tipo ante os máis fortes da categoría. Despídense deste ano cun balance de 6-20 e moito traballo que facer para infundir algo máis de respeto nos rivais do que foron capaces este ano.
- Abaco pecha a categoría cun balance similar o do ano pasado, e outra vez como colistas. Xogan para intentar pasalo ben e se de paso poden gañar algún partido, benvido sexa. Moito mérito teñen por seguir ahí outro ano a pesar dos resultados. Deséxolles moita máis sorte no futuro, merécena.
Pechamos con este resumo o acontecido neste ano en terceira división, emplazándovos xa para a copa que esta a piques de comezar.
Grazas a vos, os lectores que estades o outro lado inda que non comentedes. Agardo que o meu traballo fora do voso agrado.
Vémonos nas canchas.
Un saúdo
Karnixouvas
Gran trabajo el tuyo y el de todos los redactores haciendo aún mas divertida la competición. Gracias!!
ResponderEliminarTotalmente de acuerdo con la entrada del anterior. Muchas gracias Karni, you are the best.
ResponderEliminarAnimos a Abaco, ellos si que encarnan el espíritu de una liga recreativa.
Gente como vosotros siempre suma.