Poucas sorpresas en 3ª división, cos resultados que siguen:
- Lonza 29 - C.B. Mariano 42: Mariano repúxose dos seus últimos resultados e volve á senda da victoria despois de impoñerse a Lonza por 13 puntos, o que deixa este grupo intermedio dividido. Lonza rematará a liga nesa sexta posición como máximo.
- N-Beade 40 - Black Roosters 54: segunda victoria consecutiva para Black Roosters que consegue nesta volta impoñerse ós seus rivais máis inmediatos, Lonza e N-Beade, e ademáis co seu tope en puntuación da tempada. N-Beade pola súa parte non coñece a victoria desde a xornada 17.
- Ouxo Bouzas 84 - Abaco 35: primeiro contra último e outra exhibición dos de Bouzas con case 50 puntos de diferencia. Abaco aguantando o chaparrón.
- R. Portas C.B. 37 - Raiders 50: segundo e terceiro con victoria para Raiders, que finalmente desquitouse das dúas derrotas que sufriu fronte a R. Portas nas primeiras voltas. Esto lles permite axustar un pouco esa puntuación nas plazas que ocupan e co subcampionato inda ó seu alcance.
E imos cos horarios da penúltima xornada de liga en terceira división
- Abaco - R. Portas C.B.: recta final do calendario de competición favorable a R.Portas, que terá que enfrontarse ós dous últimos clasificados comezando por Abaco, que tentará unha vez máis non ser víctima dunha derrota, algo que semella difícil.
- Black Roosters - Ouxo Bouzas: Black Roosters fronte o rival que probablemente corte a súa progresión das últimas xornadas. No pasado, un dos dous partidos cun resultado cando menos curioso, cos Roosters perdendo o partido por so 13 puntos de diferencia (44-57).
- C.B. Mariano - N-Beade: Mariano a seguir a súa recuperación antes de que remate a liga e Beade a buscar a forma de volver a gañar un partido.
- Don Balón Momper - Lonza: Momper chega descansado para enfrentarse a Lonza, dispostos a desputar esa cuarta plaza de Mariano ou cando menos a asegurar a quinta. Lonza tentará facer o posible aproveitando que xoga o último partido de liga.
Un saúdo
Karnixouvas
Un saludo a Kaki el base de Amenaza, que como pitoniso no se va a ganar la vida. El tiempo no le dió la razón con el campeón.
ResponderEliminarJa ja ja! Cierto!! Lo asumo y ya les di la enhorabuena. Merecidos campeones.
ResponderEliminarPero la otra predicción sí la acerté: seguimos en Primera!!
Dragons 50 Mapfre 46
ResponderEliminar