Moi boas! Tras este periodo de descanso chega o momento de volver a calzarse as zapas para saír á cancha na primeira xornada do 2017. Xa estamos inmersos na segunda volta, sen partidos por recuperar, pero coa ameaza perenne de xogar de novo en Balaídos a excepción dun partido. Sabemos que as últimas dúas semanas, a pesar de non chover, a pista presentou mal aspecto, coa temida humidade facendo a pista impracticable. Agardamos non ter sorpresas e que poidamos comezar o ano sen contratempos.
Botémoslle un ollo ós emparellamentos para esta xornada.
- N-Beade - Vikings: quinto e sétimo pretenden obxectivos semellantes. N-Beade goza dunha tranquila posición en metade da táboa cun balance de 6-4 tras unha primeira volta bastante competente. Vikings pola súa parte ven de maquillar un pouco a súa actuación nos dous últimos partidos o que lles permitiu afastarse algo máis da parte baixa, pero segue facendo augas con rivais a priori máis limitados pero que contan con máis experiencia na competición, algo que lles está pasando factura.
- Lonza - Ouxo Bouzas: Lonza leva 3 derrotas seguidas e está tendo moitos problemas para atopar o modo de sacar resultados positivos. O balance de 3-7 que levan non lles permite estar máis arriba do 7º/8º posto, pero poden facer máis para pelexar na zona intermedia, polo momento non poden aspirar a máis. En fronte terán a Ouxo Bouzas o equipo revelación deste ano, que vai camiño de converterse nun deses equipos de ascenso por tempada e de seguro non vai dar o brazo a torcer ante ningún rival, por pequeno que sexa.
- Don Balón Momper - R.Portas C.B.: dous vellos coñecidos fronte a fronte nesta segunda volta. Os históricos destacan a clara ventaxa para os de Portas que seguen empatados con Ouxo na primeira posición da liga. Don Balón busca a quinta victoria que lle meta de cheo na pelexa da zona media despois de rematar o ano con dúas derrotas.
- C.B. Mariano - Raiders: o partido estrela da xornada, terceiro e cuarto nun partido que promete, máis pola trascendencia que pode ter a largo prazo. Mariano segue convencido de que o grupo de cabeza ten que ser de catro pero inda lles falta un puntiño para estar onde queren. Raiders conta con algo de marxe para pensar se quera en apearse do terceiro andar pero está claro que non poden deixarse levar, máis contra o seu rival desta xornada, que promete estar ahí o que resta de liga.
- Black Roosters - Abaco: os de abaixo tamén poden loitar e nesta xornada terán a oportunidade de facelo entre eles. Black Roosters leva dúas victorias e oito derrotas, mal arranque de liga e poucas expectativas de seguir así. Se gañan e os seus rivais por arriba perden poderán pensar en algo máis que o noveno posto. Os de Abaco teñen a gran carga de levar 0 victorias no que vai de tempada, e esta xornada pasa por ser a súa oportunidade máis clara para conseguir unha. Non deben presionarse, teñen que tomar os partidos con ilusión e sobretodo saír sempre con ganas, ánimo.
Sorte a todos.
Un saúdo
Karnixouvas
Portas 45 - Momper 32
ResponderEliminarResultados de todas las categorías por favor!!!!!!!!!!!!
ResponderEliminarSegunda:
ResponderEliminarLore 47 Dragons 60