mércores, 16 de outubro de 2019

2ª División. Horarios xornada 1 | ACTUALIZACIÓN |

| ACTUALIZACIÓN |

A organización inda gardaba unha sorpresa máis. Se onte comentaba que parecía raro que Amfiv2 estivera en terceira, esta mañá espertamos coa corrección lóxica: Premir en terceira e Amfiv2 en segunda.

Como comentades por aquí abaixo, parece ser que Carbón Bemáfrica son os antigos Alcume e La Góndola Food-Balbi os antigos R.Portas, quedaría por tanto C.Ecuestre Rías Baixas que por eliminación serían Ouxo...sairemos de dúbidas nuns días.

-------------------------------------------------------
Rematou finalmente o baile de datas para o comezo deste novo curso baloncestístico 2019/2020 que comezará (se non hai máis sorpresas) o vindeiro sábado 19 de outubro.

Un ano máis un servidor aportará o seu graniño de area para comentar, sempre que haxa tempo, o acontecido nas xornadas de segunda división, inda que encantaríame compartir prato con outros comentarístas que queiran saír do fondo do fío de comentarios, para dar a súa opinión sobre a categoría de prata. Estades convidados, podedes escribirme a karnixouvas@gmail.com.

Este ano a segunda división será grupo par, polo que non haberá xornadas de descanso. Vemos o ascenso e retorno de Mariano a segunda división, e a irrupción de Vicus e Fisiomiño Xestas que acadaron o ascenso o ano pasado compartindo posto, e completando unha moi boa tempada regular.

Seguimos por nomes coñecidos con Neogeo Las Brasas, que se mantén en segunda, así como Exacta-Sperta que non puido clasificarse para o ascenso a primeira. Castrelanos e Grupo Premir, aparecen tamén por aquí, e cos últimos (Premir), asáltanme as dudas porque vexo que falta Amfiv 2, que se non me equivoco acadara a salvación na última xornada ao vencer a R.Portas, quedando por riba deles na clasificación. Así que se alguén pode botar luz sobre o asunto, agradécese ;-)

Completan o grupo os descoñecidos por cambio de nome como C.Ecuestre Rías Baixas, Carbón Bemafrica e La Góndola Food-Balbi, entre os que se atoparán probablemente os antigos Alcume e R.Portas, (a bola de cristal agora mesmo non me di nada sobre o que falta...)

Así que nada, semella que está xa todo listo para o comezo (esperado) da liga Vigo en Xogo 2019/2020.

Moita sorte a todos nesta primera xornada, voltamos a vindeira semana!

Un saúdo

Karnixouvas

7 comentarios:

  1. La Góndola Food-Balbi, son los Balbi de toda la vida, tras un paso mas bien penoso por primera donde apenas tuvieron oportunidad de competir (penoso a nivel de victorias) vuelven a la que parece ser su categoría, una segunda donde si serán competitivos y volverán a pelear sin duda alguna por meterse en el ascenso.

    ResponderEliminar
  2. Mis apuestas para esta semana:
    Vicus, NeoGeo, Balbi, Castrelanos y Exacta.

    ResponderEliminar
  3. Vamos a ver, no echáis en falta a los descendidos del año pasado?
    Parece claro que Ouxo y Alcume son ahora C.Ecuestre Rías Baixas y Carbón Bemafrica o a la viceversa.

    ResponderEliminar
  4. Carbon Bemafrica antiguo alcume un equipo completamente renovado

    ResponderEliminar
  5. La Góndola Food-Balbi antiguo R.Portas. El Balbi que bajó de primera desaparece

    ResponderEliminar
  6. Victoria de más de 10 de La Góndola Food. Mariano no se presenta a su partido

    ResponderEliminar