mércores, 19 de decembro de 2018
2ª División. Resultados Xornada 8 | Horarios Xornada 9
Algún xa está pensando nas cigalas de nadal, pero antes hai que rendir contas na Vigo en Xogo. Aquí coma os pros, sen descanso gracias a non se sabe que ou quen..., o que é seguro e que no que se refire a deporte na cidade, sempre imos ser os últimos en ter privilexios (se é que existen).
Pero imos ao noso, a ver como lles foi ós equipos da segunda división na 8ª xornada de liga.
Comezamos polo líder, Redskins que esta xornada descansou e fixo valer as súas sete victorias para seguir no alto da clasificación, mirando de reollo a Lore que os siguen de preto cun so partido perdido tras vencer a Exacta Sperta por 16 puntos. Algún agardaría algo máis de igualdade neste encontro, pero o certo e que non semella que fora así. Un pequeno revés para Exacta que cun partido máis que o resto queda na terceira posición co seu principal perseguidor pisando forte.
Este non é outro que Angel Mapfre, que ven de acadar unha victoria e importante, e seica traballada, a costa de Neogeo-Camaleon, que queda cun balance de 2-5 inda que transmitindo sensacións moi diferentes ó que nos tiñan acostumados últimamente.
Na zona intermedia, nin frío nin calor para R.Portas Overtake, que levou una victoria moi axustadiña fronte a Amfiv 2. A xente de Portas está a pasar un bo momento na liga, acadando bos resultados, ofrecendo unha versión ben distinta do que amosaron nas primeiras xornadas. Seica co equipo completo son un rival duro para calquera contendente, tal como amosaron ante os Reds fai dúas xornadas, a ver como pechan a primeira volta.
Amfiv 2 segue transitando pola zona baixa, con so dúas victorias no seu haber e un horizonte complicado no que van necesitar toda a sorte do mundo, non para gañar o gordo, senón para xogar un bo papel ante o líder a vindeira xornada.
Pechan a clasificación Premir e Castrelanos, que xogaron o "derbi dos colistas" esta fin de semana, dando como resultado a primeira victoria da tempada para Premir, por catro puntos de diferencia. Moito terán que cambiar a súa imaxe ambos equipos para comezar a crear algo de incertidumbre nos rivais. Polo de pronto non están sendo competitivos, e non poden agardar moito máis para comezar a facer ben as cousas. Veremos como se lles da no que queda de ano.
Saúdos e bo nadal a todos
Karnixouvas
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Portas 59 - Angel Mapfre 53
ResponderEliminarLos indios ganan de más de 30.
ResponderEliminarLore gana de mas 10, en un partido con escasa afluencia de unos y de otros.
ResponderEliminar