venres, 28 de decembro de 2018

1ª División. Resultados Xornada 9 | Horarios Xornada 10




6 comentarios:

  1. Vaites, vaites, quen o ía dicir? "A rebelión dos modestos" podería ser o titular da pasada xornada. Ou tamén podería ser "O despropósito da xornada no Nadal", dependendo das ausencias de cada equipo. O que queda claro e que tanto Balbi coma Hippo aproveitaron ben a visita de Santa Claus de deron boa conta de UVigo e Hound. Marrajos e Ibérica non deron campo ás especulación es solventaron sen problemas, ata sen despeitearse no caso de Ibérica. E Ouxo nin apareceu: vale que pouco tiñan que facer, pero de novo parece que se ratifica que o de xogar nestas datas non ten sentido ningún

    ResponderEliminar
  2. E cos resultados da xornada, a clasificación cambia un pouco os tintes. Por arriba xa vai quedando todo mais claro, se é que non o estaba antes. Centolos acabará invicto e queda a grande dúbida da segunda praza entre dous equipos moi en forma: Ibérica que leva o dinamismo do xogo a límites poucas veces vistos nesta liga e Marrajos, que recuperando as súas dúas torres son un bloque temible.
    Detrás aparece, sorprendentemente, Hippo. Eu xa os daba por asegurados abaixo, pero nun par de boas xornadas xa están de cuartos. Empatados e cun partido mais que Hound, eso sí, pero de cuartos. Serán quen de aguantar o ritmo na segunda volta? Lembremos que son especialistas en solventar situacións complicadas. No mesmo grupo, UVigo deixou fronte a Balbi a súa oportunidade de destacarse nos postos de play-off e Amenaza segue a xogar o vou-non-vou pero mantén intactas as súas opcións ... de sufrir. Porque Hound parece que tivo mellor estratexia e aprazou un partido, quedando rezagado pero con lixeira vantaxe. Tamén hai que dicir que as xornadas dobres son unha lotaría. Agora que empeza a segunda voltar haberá que ir empezando a ver as diferenzas de puntos entre os que van empatados.
    Por abaixo, eso sí, as cousas tamén van quedado claras a pesar dos coletazos puntuais. Deberían de ir afinando na segunda volta a estratexia dos play-off

    ResponderEliminar
  3. E para esta xornada non sei moi ben que dicir. Novo despropósito no medio do Aninovo así que é probable que as ausencias marquen os encontros. Eu vexo unha oportunidade para Hippo de dar un golpe de man: dos catro que van empatados a catro victorias, é o que ten o duelo máis sinxelo a priori. Se é quen de vencer a Balbi (cousa non trivial) poderá ter a sorte de cara xa que UVigo caerá con Centolos ó 100%, Amenaza non ten moitas opcións fronte a Marrajos e Hound vai ter que afinar moito se quere parar por enriba de Ibérica. Empezar o ano de cuartos e con vantaxe sería un regalo de Reis que non esperaban. Pero aínda hai que roelo.

    ResponderEliminar
  4. Centolos sigue invicto

    ResponderEliminar
  5. Ya la ha vuelto a liar parda Paletovic

    ResponderEliminar