mércores, 19 de decembro de 2018

1ª División. Resultados Xornada 8 | Horarios Xornada 9




7 comentarios:

  1. Vaites, vaites, parece que o apartado de resultados da algunha que outra sorpresa. Aínda que o punto vai para onde se supoñía que iría, Marrajos quedou a catro de facer a machada de gañar a Centolos. Estaría ben saber se houbo partido ou é un resultado enganoso. Igual que os tres puntos de vantaxe que Mar Ibérica lle sacou a Alcume. Axustadiño. UVigo cumpriu en engancha arriba. E Amenaza leva a chosca da xornada: polo que se ve no seu blog, eso de ir cinco pelados xa non lles sae a conta

    ResponderEliminar
  2. E para esta derradeira xornada da primeira volta temos varias incógnitas para despexar. Será que UVigo de manterse no grupo de aspirantes a playoff ó que volveu esta semana? Poderá Hippo unirse a ese grupo despois de pasar por riba de Amenaza ou Basket Hound estará descansando e será quen de cortarlles o paso? Levará Amenaza outra malleira ou será quen de xuntar xente e plantar cara ó flamante segundo clasificado en solitario? Con Centolos e Marrajos, salvo baixas de Nadal, non parece que vaia haber moitas dúbidas.

    ResponderEliminar
  3. Non mirei todo o partido de centolos e Marrajos, pero mal partido non foi, o descanso gañaba marrajos por dous ou asi

    ResponderEliminar
  4. Centolos 20- Ouxo 0

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Falo sen saber os detalles, pero parece claro que isto de poñer unha xornada no medio no Nadal non é unha gran idea

      Eliminar
  5. Deportes Balbi 51 - Uvigo Básket 48

    ResponderEliminar