Parece que Ouxo volveu ir cear fora a semana pasada, e Marrajos non desperdiciou a oportunidade de pasarlles por enriba. Menos lle sobrou a Basket Hound, que superou a UVigo nun partido moi importante cara ó final. E xustiños tamén foron os de Amenaza con Balbi, será a sorte que precisan para salvarse? Os de Hippo tamén aproveitaron a confrontación directa para levantar un pouco a cabeza e finalmente tocoulle os de Ibérica pasar polo rolo
Na clasificación, Centolos segue no seu lugar e tamén quedan mais claros os dous galos que optan ó subcampionato (Marrajos e Ibérica). Non tanto pola diferencia de victorias como polas dinámicas de xogo respecto os dous seguintes (Hound e Amenaza), que están a facer os deberes pero estudando no último momento. Estratexia perigosa. Como en perigo se pon UVigo despois de perder os duelos directos cos dous teóricos rivais polas prazas de playoff. Por abaixo Balbi perde comba, pero pola mínima. Os outros tres tamén o teñen complicado porque precisan adiantar a moita xente, pero tamén queda moita liga
E para esta xornada, a derradeira con certa normalidade, veremos como afectan as ceas de empresa. E digo normalidade porque o de xogar en Nadal e Aninovo non é normal, é un auténtico despropósito, e mais tendo en conta o que tardamos en comezar. Vide luciuse.
Tamén terá que lucirse UVigo se non quere perder comba, e se os de Ouxo non van de cea, non son presa fácil. A Marrajos non lle queda outra que atragoarse con Centolos antes do Nadal. E será a oportunidade de Mar Ibérica de consolidar a segunda praza fronte a Alcume, que vai ter difícil presentar batalla. Entre Amenaza e Hippo non hai segredos: se as pantasmas queren presentar candidatura a estar entre os cinco primeiros están obrigados a gañar. Hound e Balbi comenzan antes de tempo as vacacións. Van quedar encantados coa xornada dobre no medio do Nadal
Parece que Ouxo volveu ir cear fora a semana pasada, e Marrajos non desperdiciou a oportunidade de pasarlles por enriba. Menos lle sobrou a Basket Hound, que superou a UVigo nun partido moi importante cara ó final. E xustiños tamén foron os de Amenaza con Balbi, será a sorte que precisan para salvarse? Os de Hippo tamén aproveitaron a confrontación directa para levantar un pouco a cabeza e finalmente tocoulle os de Ibérica pasar polo rolo
ResponderEliminarNa clasificación, Centolos segue no seu lugar e tamén quedan mais claros os dous galos que optan ó subcampionato (Marrajos e Ibérica). Non tanto pola diferencia de victorias como polas dinámicas de xogo respecto os dous seguintes (Hound e Amenaza), que están a facer os deberes pero estudando no último momento. Estratexia perigosa. Como en perigo se pon UVigo despois de perder os duelos directos cos dous teóricos rivais polas prazas de playoff. Por abaixo Balbi perde comba, pero pola mínima. Os outros tres tamén o teñen complicado porque precisan adiantar a moita xente, pero tamén queda moita liga
ResponderEliminarE para esta xornada, a derradeira con certa normalidade, veremos como afectan as ceas de empresa. E digo normalidade porque o de xogar en Nadal e Aninovo non é normal, é un auténtico despropósito, e mais tendo en conta o que tardamos en comezar. Vide luciuse.
ResponderEliminarTamén terá que lucirse UVigo se non quere perder comba, e se os de Ouxo non van de cea, non son presa fácil. A Marrajos non lle queda outra que atragoarse con Centolos antes do Nadal. E será a oportunidade de Mar Ibérica de consolidar a segunda praza fronte a Alcume, que vai ter difícil presentar batalla. Entre Amenaza e Hippo non hai segredos: se as pantasmas queren presentar candidatura a estar entre os cinco primeiros están obrigados a gañar. Hound e Balbi comenzan antes de tempo as vacacións. Van quedar encantados coa xornada dobre no medio do Nadal
Amenaza 27 - Hippo 51
ResponderEliminarMas resultados? Cuantos le cayeron a Marrajos?
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
EliminarUvigo gana a Ouxo
ResponderEliminar+4 centolos gana a Marrajos
ResponderEliminarPois xa ten mérito
Eliminar