mércores, 21 de novembro de 2018

1ª División. Resultados Xornada 5 | Horarios Xornada 6




8 comentarios:

  1. Superado o ecuador da primeira rolda, parece que isto empeza a tomar algo de forma:
    - Amenaza gaña de 20 a UVigo: polo que se pode ler no blog a victoria foi mais axustada do que podería parecer pero queda claro que UVigo este ano vai ter que pelexar cada victoria
    - Basket Hound gaña de 4 a Alcume: Alcume volve a quedar ás portas tras perder de 1 con Amenaza na xornada anterior e esas cousas pasan factura
    - Centolos gaña a Balbi: non é nova pero un 41-15 esixe algunha explicación: irían de cea onde foron os de Ouxo a semana pasada? Espero que digan donde é para que poidamos ir todos
    - Ouxo sete arriba con Hippo: nestes partidos estará a diferencia entre ser quintos ou sextos e Ouxo parece que se encamiña ben
    - Marrajos perde a imbatibilidade cos ibéricos: claramente, o resultado da xornada. Os rapaces sacan pata negra e presentan a súa candidatura ó subcampionato. Haberá que seguilos de preto

    ResponderEliminar
  2. E na clasificación xeral, parece que a carreira empeza a formar os seus grupos:
    - O escapado, que ven sendo Centolos e que non vai ter rival
    - O grupiño perseguidor: Marrajos e Ibéricos, aínda que os segundos demarraron para chegar aí e pode ser que vaian seguir en solitario
    - O do medio: que está entre o pelotón e o grupiño de elexidos. Basket Hound está librando sen que lle sobre pero tamén sen que lle falte. Cunha diferencia se puntos en negativo consegue sumar más victorias que derrotas. Se manteñen a eficiencia non terán sustos, pero andar sempre no arame é perigoso
    - A cabeza do pelotón: Ouxo, Amenaza e UVigo. O único que teñen en común é o número de victorias porque Ouxo está a demostrar que esta é a súa categoría, UVigo está afacéndose a ser un modesto e Amenaza vai ti a saber a qué andan.
    - O pelotón de cola: dous recén ascendidos e un supervivente nato que van depender moito dos enfrontamentos entre eles

    Curioso que as dúas mellores defensas sexan a do líder e a do colista e mais curioso aínda que só os tres primeiros clasificados teñan diferencia de puntos positiva

    ResponderEliminar
  3. E para a xornada que entra:
    - Universitario vs escualos: os Marrajos saben que non se poden despistar moito. Os de UVIgo xa o tiñan claro de antes. Os dous veñen escaldados da semana pasada, pero vou apostar ó mais escaldado: UVigo
    - Os das tapas vs os pata negra: encontro entre as dúas revelacións de este ano, cada un ó seu nivel. O ritmo de intensidade é parecido, así que se o marcador vai por arriba Ouxo gañará
    - Crustáceos vs mecánicos: a centola xa non está en veda no mar, pero na pista non lle hai que facer
    - Apodos vs deportistas: un deles sumará a súa segunda victoria. A lóxica diría que Alcume non pode ter mais mala sorte, pero nunca se sabe. Aínda así, vou con eles
    - Pantasmas vs cadelos: non sei se chegarán cegados polas luces de Caballero, probablemente será un duelo de convocatorias. Veñen os dous con boas dinámicas, pero a de Hound é algo mais consistente. Aposto por eles.

    ResponderEliminar
  4. Amenaza 37 - Basket Hound 34

    ResponderEliminar
  5. Marrajos 42 - Uvigo Basket 49

    ResponderEliminar
  6. Centolos 54 - Hippo 28

    ResponderEliminar
  7. Mar gana a Ouxo

    ResponderEliminar