mércores, 31 de outubro de 2018
2ª División. Resultados Xornada 2 | Horarios Xornada 3
Con algo máis de rodaxe nas pernas chegou a segunda xornada de liga en segunda división onde os equipos que acadaron a victoria fixérono sen demasiado esforzo, polo que parece polos resultados.
Neogeo-Camaleon sufriu unha seria derrota ante Exacta-Sperta, equipo que o ano pasado quedou na cola do grupo que pelexaba polo ascenso e que semella queren volver a entrar este ano nese grupo con máis confianza. Unha victoria de 20 puntos ante un dos descendidos de primeira sempre é un aliciente e acumulan xa un 2-0 de balance na clasificación. Neogeo leva o mesmo balance pero en contra. É pronto para facer cábalas en todolos sentidos, tampouco podemos contrastalo coas súas crónicas (que pasa co blog rapaces?), así que agardaremos aos seguintes resultados para ver con que ánimo afrontan esta tempada.
R.Portas Overtake voltou a saír derrotado na segunda xornada ante un ex-primeira como Centro de Estudios Lore. Non están comezando con bo pe, tal como lles sucedera o ano pasado, onde tiveron unha clara progresión que lles fixo merecedores de un posto seguro nesta categoría. Lore non deixou pasar a oportunidade para facer os deberes e asegurar a súa segunda victoria en liga que os coloca no terceiro posto da clasificación. Crónica no blog de R.Portas
Redskins 30 Aniversario deron boa conta dos novatos da categoría, Castrelanos, que non foron capaces de pasar dos 20 puntos nos 50 minutos, e levan unha de cal e outra de area no seu estreno en segunda división. Redskins están a tope de ganas, con amplas convocatorias e bo ánimo, o que unido a súa boa vontade estalles a regalar boas sensacións neste arranque de liga, onde xa avisan que van a por todas sexa cal sexa o rival, sen baixar os brazos. Castrelanos agardará un enfrontamento máis axeitado para volver coller o ritmo que xa pensaban que tiñan nas pernas despois da primeira xornada. Crónica no blog de Redskins
Amfiv 2 estrenouse con derrota ante Angel Mapfre, que din por ahí que veñen reforzados este ano. Concederémoslle o beneficio da dúbida á xente de Amfiv, a súa primeira xornada tampouco conta ;-)
Angel Mapfre ben disposto a arranxar os problemas que os afundiron a tempada pasada e queren amosar todas as cartas desde o principio, veremos como lles vai de aquí en diante.
Un saúdo
Karnixouvas
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Exacta 68 - R.Portas 63
ResponderEliminarhttps://redskinsbasketvigo.wordpress.com/2018/11/05/j-3-redskins-48-44-lore/
ResponderEliminar