- Vikings 52 - Black Roosters 32: xa intuiamos unha mellora nas aptitudes de Vikings despois da primeira volta e parece que se confirman despois da súa victoria frente a Black Roosters por 20 puntos de diferencia, quen seguen a verse condenados á penúltima posición.
- Abaco 53 - C.B. Mariano 44: SORPRESÓN, non agardábamos unha victoria de Abaco e menos ante un rival como Mariano. Visto o resultado tampouco parece unha casualidade...¿que pasou entonces? Para Mariano esta inesperada derrota non vai supoñer moito problema e para Abaco conseguir a súa primeira victoria da tempada é todo un aliciente para seguir adiante. Noraboa.
- Raiders 31 - Don Balón Momper 27: victoria moi xustiña para Raiders que gaña un partido anotando so 31 puntos. Está claro que a intensidade non foi un referente neste partido. A Raiders o trámite sírvelle igual e Don Balón segue complicando a súa situación neste inicio da segunda volta.
- R. Portas C.B. 68 - Lonza 27: os dous de cabeza seguen ó seu rollo marcando unha diferencia que se fai cada vez máis notable. Portas pasou como unha apisonadora por riba de Lonza gañando por máis de 40 puntos e deixandoos desolados e pensando todavía que foi o que lles pasou.
- Ouxo Bouzas 57 - N-Beade 12: Ouxo Bouzas fixo o propio sendo neste caso a situación máis sangrante se cabe, deixando o seu rival en 12 puntos. Moi mal teñen que sair as cousas para non ser quen de anotar máis de 12 puntos en 50 minutos de partido. Tampouco e lóxico tendo en conta que N-Beade ocupa o quinto posto na clasificación. En fin, terán que esquecer esto canto antes para non perder a concentración nas vindeiras xornadas.
Un saúdo
Karnixouvas
No partido de Ábaco pasou que entraron os tiros e xogamos por unha vez con cabeza.
ResponderEliminar