xoves, 19 de xaneiro de 2017

3ª División. Resultados Xornada 11 / Horarios Xornada 12


Moi boas! Achegamos resultados + clasificación da xornada 11 e horarios da xornada 12.

  • N-Beade 35 - Vikings 52: Vikings conseguiu unha victoria importante fronte a un dos equipos que podería converterse no seu rival directo se continúan progresando na taboa. Cun balance de 4-7 están un pasiño por diante dos postos de cola e poden ser máis optimistas neste inicio da segunda volta. N-Beade viu cortada así a súa racha de tres victorias consecutivas inda que con marxe suficiente para salvar o posto e seguir pelexando por arriba.
  • Lonza 45 - Ouxo Bouzas 56: sen sorpresas no partido entre primeiro e oitavo inda que con menos diferencia do agardado. Non sabemos como foi o partido, pero Lonza quedou o final a 11 puntos. Ouxo seguen sen despeinarse e continúan á cabeza empatados con Portas, sendo líderes en puntos anotados.
  • Don Balón Momper 32 - R. Portas C.B. 45: victoria tamén sen sorpresas para Portas inda que con moitos problemas na primeira metade do partido, onde Don Balón Momper conseguiu manterse por diante. Na segunda cambiarían as tornas e Portas metería unha marcha máis para rematar o partido gañando de 13.
  • C.B. Mariano 38 - Raiders 33: o partido da xornada gañouno Mariano, cun baixo marcador que reflexa a igualdade onde non debeu ser fácil anotar nin defender. Raiders perde un punto importante na carreira polo ascenso e Mariano achégase algo máis para botarlle salsa ó asunto.
  • Black Roosters 40 - Abaco 36: preto estiveron os de Abaco de conseguir esa ansiada victoria, quedando a 4 puntos de Black Roosters que non desbotaron a oportunidade de sumar un punto máis para quedar empatados con Lonza na clasificación. Abaco polo menos parece que conseguiu ser algo máis competitivo, inda que perderon unha das ocasións máis factibles de borrar ese cero das estadísticas.
Continuamos cos horarios para a 12ª xornada en terceira:


  • Vikings - Black Roosters: antigos compañeiros no pasado enfróntanse por segunda vez con semellantes números no que vai de liga. Na primeira volta Black Roosters conseguía unha victoria axustada. Desta vez Vikings parece que está algo máis atinado e pode ter máis opcións  para desquitarse e seguir progresando.
  • Abaco - C.B. Mariano: Abaco terá un complicado rival nesta xornada, un Mariano que ven de gañar a Raiders e quere o seu posto polo tanto non van pensar máis que na victoria. No pasado victoria contundente para Mariano.
  • Raiders - Don Balón Momper: Se Mariano non pensa máis que na victoria, Raiders debería facelo propio. Teñen un codiciado posto con un ou dous candidatos máis e unha derrota complicaríalles o tema demasiado. Don Balón Momper tamén necesita esa victoria para manterse na franxa intermedia da clasificación. Na primeira volta a victoria foi para Raiders.
  • R. Portas C.B. - Lonza: Portas ven de completar unha primeira volta case inmaculada e quere facer como mínimo o mesmo nesta segunda. Lonza sufriu unha abultada derrota no primeiro enfrontamento con eles e semella complicado que poidan darlle a volta.
  • Ouxo Bouzas - N-Beade: O outro líder terá en fronte a N-Beade que desde a quinta posición presenta os seus credenciais. A eficiencia de Ouxo sen embargo parece estar presente sempre que é necesario e a priori a victoria decántase do seu lado, como na primeira volta.
 Sorte a todos

Un saúdo

Karnixouvas

1 comentario: