xoves, 10 de maio de 2018

2ª División. Resultados Xornada 27 | Horarios Xornada 28


Chegamos xa á ultima xornada de liga en segunda división onde tralos últimos resultados confírmase a terceira plaza de ascenso para Alcume que remou ata o final para chegar a ese terceiro posto que ocupaba Exacta. Neste caso o esforzo valeu a pena e Alcume, que rematou en postos de descenso a tempada pasada, cambiou radicalmente de actitude e amosouse moi combativo durante a liga regular, chegando a este complicado playoff de ascenso onde finalmente acadou o mellor dos obxectivos. Noraboa. Por contra Exacta Sperta a pesar de quedar co mesmo balance saiu perdendo no "average"
particular, e terán que conformarse con participar de novo o ano que ven en segunda división.

Por abaixo inda queda unha xornada e con emoción ata o final. Das dúas plazas de permanencia unha xa ten o nome de R.Portas Overtake que fixo o debido na xornada pasada derrotando a un Amfiv que se enfronta agora ao partido máis importante do ano. Angel Mapfre é o outro candidato a esa plaza e o que consiga a victoria conseguirá a permanencia.

O vindeiro luns sairemos de dudas. Moita sorte.

Un saúdo

Karnixouvas


mércores, 9 de maio de 2018

Copa Vigo en Xogo 2018


O luns foi o sorteo de copa deste ano e así foi como quedaron os emparellamentos e as datas.


venres, 4 de maio de 2018

2ª División. Resultados Xornada 26 | Horarios Xornada 27


Restan dúas xornadas para que chegue a término a competición ligueira deste ano.

No grupo do ascenso tan so queda a de este vindeiro fin de semana, no que Ouxo xa non se xoga nada e so pensa no próximo ano en primeira. Se as contas non me fallan Deportes Balbi está na mesma situación, xa que inda perdendo e conseguindo unha victoria máis Exacta, o empate estaría desfeito polo average particular no que saería gañando Balbi.

Por abaixo, seguen estando as plazas do ascenso en xogo. Amfiv e Portas parecen decididos a seguir apretando pero nesta xornada un dos dous sairá perxudicado e pode perder parte das súas opcións. Mapfre como terceiro en liza ten máis responsabilidade, sabendo que pode sacar proveito do resultado dos de cabeza nesta fin de semana e non poden pensar noutra cousa que gañar os dous próximos partidos.

Veremos o que acontece.

Boa sorte a todos

Un saúdo

Karnixouvas



xoves, 26 de abril de 2018

Resumo de POU POU de como vai a cousa nos playoffs - 1ª División

Resumen por arriba:

Basket Hound 5-1, les queda descansar, un partido de “transición” con UVigo y si todo va cómo se espera y una gran final con Centolos en un “Face to Face” por el título entre dos aspirantes inéditos.


100 Tolos 4-1, les queda dos partidos, uno contra Amenaza ; que presumiblemente no presentara ser un escollo insalvable, y si ganan otro, con Marrajos, que si bien ya no podrían ganar el título tal vez peleen a tope por el subcampeonato y si hacen los deberes el mencionado “Face to Face” por el título.


Marrajos 2-3, les queda UVigo, 100Tolos y Amenaza, su única opción pasaría por un triple empate a 5-3 con los dos primeros y en ese caso ganárselo, veamos para ello los sabuesos tendrían que perder sus dos partidos y los crustáceos perder con Amenaza, con ellos de muchos puntos y ganarle a los sabuesos de poco. Esto es = a baloncesto ficción. En la practica Marrajos ha visto como se le escapaba el tren.


Amenaza 2-4, ya están pensando en la segunda vuelta del año que viene… ;-)


UVigo 1-5, estos están pensando en la copa.


↑↓↑↓↑↓↑↓↑↓↑↓↑↓↑↓↑↓↑↓↑↓↑↓↑↓↑↓


Por abajo


Menciña 4-1 Les queda Lore, NeoGeo y Ralarsa. Una victoria más, en cualquiera de los tres partidos certificaría matemáticamente su permanencia.


Ralarsa 4-2 Les queda NeoGeo, descansar y Menciña. Tal vez necesiten ganar los dos o tal vez una victoria les llegue, podría darse un triple empate a 5-3 entre Menciña, Reds Skins y ellos que los dejasen fuera. El empate simple con Reds les daría a ellos la permanencia.


Red Skins 3-3 Les queda descansar, Lore y NeoGeo, necesitan la debacle de sus rivales porque cualquier empate al final con Menciña o Ralarsa les deja a ellos atrás, hay una combinación que pasa porque ellos ganen sus dos partidos, Ralarsa pierda bien los dos o se de que pierda sólo el de Menciña y si Menciña además perdiese los dos siguiente para ganar el último entonces y sólo entonces los Indios se salvarían.


Lore 2-4 Esto es aun mas rebuscado si cabe, sus opciones pasan por un hipotético quíntuple empate todos 4-4, o por algún triple empate o cuádruple empate por una segunda plaza donde si… vamos que los de Lore son muy buena gente y tal; pero que están en segunda, yo soy de letras mis matemáticas no dan pa tanto. Lo siento.
En fin su mejor opción pasa porque ellos ganen claramente sus dos partidos, remontándole el average a Menciña, que estos entren en depresión y lo pierdan todo y triple empate a 4-4 los deje dentro. Lo dicho baloncesto ficción.


Neogeo 1-4 Estos tienen aproximadamente la mismas posibilidades de salvarse que las que le di a Lore, con un error estimado del 5% (siempre me molo esa coletilla aunque confieso que no se exactamente que coño quiere decir; que las previsiones no son fiables? Pues claro que no. Habrá que jugar, vamos digo yo.
Sorte a todos.


POU POU, valoramos moito o que estás facendo, dándolle vida a primeira división. Porque non me envías un mail a farodevide@gmail.com para encargarte "oficialmente" da sección? 

mércores, 25 de abril de 2018

2ª División. Resultados Xornada 25 | Horarios Xornada 26


Restan so 3 xornadas para a finalización do playoff no que todavía quedan cousas por decidir. Pouco se moveron os postos en xeral tanto no grupo do ascenso como no de descenso.

Por arriba Alcume comeza a esgotar as súas posibilidades de escalar algún posto e mantense na cuarta posición a unha distancia insalvable do primeiro clasificado, Ouxo, contra quen perderon a pasada xornada nun partido de moita anotación. Nesta xornada agarda Deportes Balbi, que acumula a súa terceira derrota consecutiva, confirmando un baixón importante que está desfacendo a boa imaxe coa que chegaron a este playoff e que seguro dará alas ós de Alcume.

Ouxo pola súa parte terá en fronte o equipo responsable da súa única derrota neste playoff, Exacta Sperta, que leva case desde a primeira xornada de playoff, alternando victoria e derrota semana tras semana. As ganas de revancha serán máis que evidentes, e máis tendo en conta que Ouxo pode poñer punto e final á competición a falta de dúas xornadas.

Por abaixo R.Portas Overtake segue apostando forte polos primeiros postos deste grupo despois da importante e axustada victoria da xornada pasada fronte a Angel Mapfre. Neste caso xogan ante Academia Atenas, rival que non lles debería dar problemas, pero que semella comezar sempre con bo pe os seus partidos contra eles.

O outro encontro da xornada estará protagonizado por Raiders e Amfiv, equipos con estadísticas moi dispares, no que Raiders non ten moito que perder, caso contrario de Amfiv, que pode complicarse de acadar un resultado adverso.

Boa sorte a todos

Un saúdo
Karnixouvas