Amosando publicacións coa etiqueta Primeira. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Primeira. Amosar todas as publicacións

mércores, 16 de outubro de 2019

1ª División. Horarios Xornada 1


Unha tempada máis seguimos á procura de redactores para a 1ª división. Se te animas a compartir as túas impresións sobre o acontecido en cada xornada, podes escribirnos un correo a karnixouvas@gmail.com, e gustosamente publicaremos a túa crónica xunto cos resultados.

Un saúdo

Karnixouvas

xoves, 3 de outubro de 2019

|ACTUALIZACIÓN| Tempada 2019/2020

| ACTUALIZACIÓN 2 | 

 A DATA DE INICIO DA COMPETICIÓN VOLVE AO 19/20 DE OUTUBRO




| ACTUALIZACIÓN | 

O INICIO DA CAMPAÑA 2019/2020 APRÁZASE PARA O VINDEIRO 26 DE OUTUBRO


 
Moi boas a todos, como xa sabedes, a Agrupación Deportiva Vigo ven de anunciar hai poucos días que a campaña 2019/2020 dará comezo o fin de semana do 19/20 de outubro, polo que so haberá parón o primeiro fin de semana do ano (4-5 de xaneiro) e os fins de semana que cadren preto de festivos (findes do 2-3 de novembro, 7-8 de decembro e 11-12 de abril).

Inda non está publicada a configuración dos grupos, pero xa sabemos que, como ocorre tódolos anos, haberá sorpresas, equipos que desaparecen, "fusións" e descensos salvados "nos despachos".

Agardaremos ás vindeiras semanas para a publicación de grupos.

Xa hai ganas de basket!!

Un saúdo
Karnixouvas