xoves, 22 de marzo de 2018

2ª División. Resultados Xornada 21 | Horarios Xornada 22


Revisión rápida do que temos para esta finde de playoff en segunda.

Alcume e Ouxo, o peor do grupo do ascenso contra o mellor. Alcume ante un reto maior o enfrentarse a Ouxo que segue comandando o grupo despois de tres xornadas. Alcume puido con Ouxo nunha ocasión no pasado, pero agora non están atravesando o seu mellor momento e acumulan tres derrotas despois do seu último enfrontamento con Exacta, no que perderon de 3, polo que todavía non hai que descartalos.

Balbi segue á zaga de Ouxo, os responsables da súa única derrota ata o momento. Neste caso enfrontaránse a Exacta Sperta o teceiro en discordia que non quere nin pode perder máis partidos se quere seguir ahí arriba.

Por abaixo R.Portas ven de gañar a Academia Atenas e agora enfrontarase a Amfiv, que está disposto a dalo todo con tal de pechar de forma satisfactoria unha campaña que se lle complicou na liga regular. Portas quere tamén demostrar que é o máis forte do grupo e parece que ten condicións para selo.

Angel Mapfre tomou un descanso necesario para reconducir a súa situación e mellorar ese rendemento que lles mantén en zona intermedia cun balance de 1-1. Agora Academia Atenas chega moi tocado, con 3 derrotas e está claro que van facer un esforzo por non quedar fora das quinielas.

Sorte a todos

Un saúdo
Karnixouvas




xoves, 15 de marzo de 2018

2ª División. Resultados Xornada 20 | Horarios Xornada 21


Terceira xornada de playoff esta fin de semana con equipos que comezan a marcar as primeiras diferencias, pero con moito por xogarse todavía.

Exacta Sperta enfrontarase o domingo a Alcume Basket. Son os únicos do grupo do ascenso que tras estas dúas xornadas inda non conseguiron gañar un partido, polo que a necesidade apremia. En liga reparto de victorias. Polo visto ata agora parece que Alcume é a terceira forza deste grupo, conseguindo axustar moito os resultados das súas dúas primeiras xornadas ante Ouxo e Balbi, perdendo por tan so un e dous puntos de diferencia respectivamente. Exacta necesita un pouquiño máis de intensidade ou sorte para non perder o ritmo. Despois deste partido sairemos de dúbidas.

O outro enfrontamento estará entre Deportes Balbi e Ouxo Bouzas. Neste caso, balance de 2-0 a favor de Ouxo en liga. Balbi chegou decidido a facer ruido neste playoff e aposta polo ascenso desde o comezo. Ouxo pola súa parte quere seguir demostrando que é o máis forte e polo momento segue mandando na clasificación. Veremos o que acontece.

No grupo de abaixo Academia Atenas chega necesitado de puntos a esta xornada. Acumulan dúas derrotas e os seus vindeiros enfrontamentos non son fáciles. Nesta xornada tócalles R.Portas Overtake que comezou enchufado este playoff gañando por 20 puntos a Angel Mapfre, o seu principal rival.

Amfiv comezou tamén con bo pe, nunha primeira xornada ante Atenas na que gañaron por 6 puntos, nun partido de moita anotación por ambos equipos que sigue engadindo dudas sobre o seu rendemento. Neste caso enfrontaranse a Raiders que ben precisamente de gañar a Atenas, disposto a facer méritos para non quedar tan danmificados en playoff como fixeron en liga.

Moita sorte a todos

Un saúdo

Karnixouvas


mércores, 7 de marzo de 2018

2ª División. Resultados Xornada 19 | Horarios Xornada 20


Moi boas, xa temos os horarios da segunda xornada de playoff en segunda división.

Alcume Basket enfrontarase a Deportes Balbi despois de rozar a victoria ante Ouxo, nun partido que semella foi vibrante e con garantías de seguir ofrecendo emoción no próximo encontro. Balbi ven de derrotar a Exacta Sperta nun partido de pouca puntuación pero que lles permite comezar con bo pe esta fase.

Ouxo-Bouzas perseguirá sen dúbida o obxectivo de ascender a primeira división, conseguindo ascenso por tempada desde que comezaran o ano pasado en terceira. O primeiro partido contra Alcume sen embargo estivo a piques de costarlles un susto. Nesta xornada tócalles Exacta Sperta, que non pode deixarse nada para non quedar cun 0-2 que pode comezar a pesarlles moito nesta curta expedición do playoff.

No grupo da permanencia Raiders enfrontarase a Academia Atenas, ambos con derrota na primera xornada e con moitos méritos por facer. A priori Atenas ten mellor plantel e ben de xogar un bo partido fronte a Amfiv. Veremos que pasa.

R. Portas Overtake estréase no playoff fronte a Angel Mapfre, rivais que estadísticamente teñen máis opcións de pelexar por esa permanencia. Moita igualdade nos seus enfrontamentos de liga regular e moito por xogarse polo que podemos agardar un partido moi desputado.

Sorte a todos

Un saúdo

Karnixouvas


venres, 2 de marzo de 2018

Horarios xornada 19 1ª División

Pou Pou1/3/18 14:06
Hola a todos!!! Esto no para!!!
Parece que fue ayer cuando estábamos con las emociones de la regular y … y que coño que fue ayer.
Pero hay que cambiar el chip y empezar de nuevo porque lo pasado, pasado esta y ya no sirve de nada.
Tenemos horarios:
BASKET HOUND vs AMENAZA Teis 04/03/2018 18:15 No sé qué esperar, no sé si Amenaza intentará seguir con la dinámica ganadora de la segunda vuelta o se relajaran un poco. Cómo se relajen palman seguro. Si los sabuesos son capaces de imprimir ritmo y correr tendrán mucho ganado, pero eso es más fácil de decir que de hacer, para correr tienes que recuperar balón rápido, bien sea a través de la defensa con robos o provocando perdidas o dominando el rebote y Amenaza eso que ya se lo saben, hace muy pocas perdidas, domina el rebote y maneja los tiempos como nadie, saca petróleo en los libres en forma de puntos y de aire para sus exiguas fuerzas. Imagino que los sabuesos querrán refrendar su candidatura al título, voy a apostar por ellos.
UVIGO BASKET vs 100 TOLOS PUÑO DE AMURA Teis 04/03/2018 19.30 Vuelven a jugar una semana después, nunca se si eso favorece al que ha ganado o al que ha perdido, o no afecta en nada porque están muy igualados. Voy a apostar por los crustáceos a ver si son capaces de repetir victoria, aunque francamente conociendo sus problemas de continuidad no lo tengo nada claro.
-------------------------------------------------------↑↓-----------------------------------------------------------
RED SKINS OSIS vs C.B. AUTOCRISTAL RALARSA Teis 04/03/2018 9:00 En la segunda jornada de la primera vuelta los cristaleiros le dieron un pequeño repaso a los indios, en la segunda parece que, o bien se olvidaron de como hacerlo, o los indios aprendieron de los errores y se llevaron un partido muy ajustado. En principio lo lógico seria apostar por la tribu, pero conociendo a los cristaleiros y lo incomodos que se les hacen a los indios, voy a apostar por ellos.
CENTRO ESTUDIOS LORE vs NEOGEO-CAMALEON
Teis 04/03/2018 17:00 NeoGeo ha hecho una segunda vuelta muy mala y Lore ha ido creciendo, pero la realidad es que están en el mismo sitio y querrán ambos empezar con buen pie, apuesto por Lore que parecen tener un puntito mas de confianza.

xoves, 1 de marzo de 2018

2ª División. Resultados Xornada 18 | Horarios Xornada 19


A intrascendente xornada 18 puxo fin á liga regular, con mínimas variacións na clasificación e con todo preparado para a seguinte fase, a liguiña de ascenso e descenso.

Ouxo-Bouzas rematou como líder seguido por Exacta Sperta e Deportes Balbi en segundo e terceiro lugar, completando o grupo Alcume. De entre eles sairán os equipos que participarán o ano que ven en primeira división. No grupo do descenso parece haber unha clara diferencia entre o quinto e sexto clasificado (Portas e Angel Mapfre) e os tres de cola (Academia Atenas, Amfiv e Raiders), veremos que pasa.

No grupo do ascenso Ouxo-Bouzas enfrontarase a Alcume Basket, repetindo o partido de fai un par de semanas onde Alcume foi quen de endosarlle a segunda derrota da tempada ó líder. Moita atención por tanto por ver de novo a estes dous equipos tantear forzas.

O outro partido do grupo terá como protagonistas a Exacta Sperta e Deportes Balbi. Exacta rematou esta segunda volta cun balance de 6-2, quedando a catro puntos de Ouxo do que tratou de non despegarse durante gran parte da liga regular. Balbi tivo un rendemento similar saíndo derrotado no último enfrontamento entre eles e estando o balance particular en 1-1.

Moitas opcións por tanto nesta primera xornada de playoffs, onde os cara a cara están empatados e pode pasar de todo.

No grupo do descenso Angel Mapfre xogará o seu primeiro partido contra Raiders. Un emparellamento moi dispar no que Raiders terá que poñer máis intensidade para poder facer fronte a un equipo que estivo pelexando por entrar no grupo de arriba ata fai ben pouco.

Academia Atenas pola súa parte terá como rival a Amfiv. A incógnita sigue vixente para este último, que ven de resultar derrotado por Ouxo Bouzas na derradeira xornada da liga. Atenas é o mellor deste grupo de tres de cola, pero no seu balance particular tamén están 1-1.

Unha primeira xornada de playoff bastante interesante, o grupo de cabeza vai levar gran parte do protagonismo de seguro, dado o estreito marxe entre eles, pero veremos tamén se hai sorpresas no grupo do descenso.

Moita sorte a todos, voltamos para a semana.

Un saúdo

Karnixouvas



xoves, 22 de febreiro de 2018

2ª División. Resultados Xornada 17 | Horarios Xornada 18


A xornada 17 rematou e a liga regular queda vista para sentencia a falta de unha xornada, despois de confirmarse as posicións resultantes, na que Ouxo-Bouzas, Deportes Balbi, Exacta Sperta e Alcume Basket lograron a clasificación para o playoff de ascenso. Angel Mapfre, R.Portas Overtake, Academia Atenas, Amfiv e Raiders xogaran por manter a categoría.

Xornada restante por tanto de mero trámite para todos, con algúns partidos máis que interesantes se inda houbese algo que xogarse.

Alcume Basket e R.Portas Overtake darán comezo a xornada o sábado de tarde en Teis. Os primeiros veñen de completar unha liga regular moi satisfactoria, no que amosaron moita competitividade e acadando un posto para o playoff como premio ao seu esforzo. Lembremos que este equipo xogara playoff de descenso o ano pasado perdendo a categoría no deportivo e salvándoa finalmente despois das carambolas de equipos desaparecidos, así que non hai máis que darlles a noraboa por conseguir a clasificación para o playoff e desexarlles sorte. En fronte terán a Portas, un equipo chegado de terceira división, nunha tempada clave na que agardan botar raíces en segunda para deixar de ser o equipo ascensor dos últimos anos. Pesoulles o mal arranque da liga onde non lograron a intensidade e eficiencia que se lle pide a un equipo en segunda para ser competitivo. Espertaron pronto e comezaron a dar guerra obtendo bos resultados que pronto os auparon algo na clasificación, pero a loita dese grupo intermedio deixoulles finalmente fora das opcións para entrar no playoff de ascenso, o que sería sen dúbida un regalo para eles.

O domingo pola tarde, ás 16:00 na pista do Berbés Angel Mapfre xogará o seu derradeiro partido de liga fronte a Exacta Sperta. Mapfre non conseguiu finalmente entrar na zona de ascenso, na que xa tiñan poucas cartas que xogar pero que nunca desfaleceron por conseguilo. A súa derrota contra Deportes Balbi na pasada xornada levaba por diante toda esperanza canta tiñan e so lles queda concentrarse no playoff por evitar o descenso. Noutro escenario este partido tería moitos máis alicientes, pero non neste caso, no que Exacta Sperta, relaxado na súa terceira plaza buscará calmar os ánimos para afrontar unha liguiña de ascenso que se prevé emocionante. Bo traballo o deles no que va de campaña, cun balance de 11-4 e amosando estar moi atinados ao largo de toda a liga regular. De seguro van dar que falar nas vindeiras semanas.

A continuación e na mesma pista asistiremos ao encontro Academia Atenas - Raiders. Duelo de equipos da zona baixa, opción para tantearse mutuamente antes de entrar de cheo na batalla pola permanencia. Ambos equipos van telo difícil, tendo en conta os resultados obtidos despois de 17 xornadas e a diferencia de rendemento cos equipos que están xusto por enriba. Atenas ten a baza de ser o equipo con maior altura da categoría, e se conseguen reunir á xente necesaria para os seguintes encontros poden mellorar as súas estadísticas e voltar a eses bos resultados das primeiras xornadas de liga, alá polo mes de outubro. Raiders pola súa parte ten a difícil misión de salvar a categoría. O colista acumula 1 victoria e 14 derrotas, sendo esa única victoria fronte a Amfiv. A segunda división estalles a quedar moi grande e terán que reciclarse moito para sacar algún rédito dese complicado playoff de descenso que teñen por diante.

Pecha a xornada o Amfiv - Ouxo Bouzas no mesmo pavillón do Berbés. Amfiv, o equipo que regresaba a segunda despois dun aciago ano en primeira, agardaba voltar desfrutar do basket na categoría á que estaban afeitos, pero esta converteuse nun pesadelo que os afundíu na clasificación ata tocar fondo. As baixas e o desánimo meteulles nunha espiral de malos resultados do que xa non saerían quedando fora de toda opción moi cedo. Nas últimas xornadas semella recuperaron algo as sensacións, polo que nos queda a incógnita de como chegarán ó playoff de descenso. Ouxo Bouzas volveu demostrar que é un equipo dominador tamén en segunda e o seu ascenso a primeira para o ano que ben parece máis que claro. Ben certo é que un playoff de ascenso en segunda non é empresa fácil pero moito se lle teñen que torcer as cousas para que non consigan o seu obxectivo.

Deportes Balbi, o equipo que descansa esta xornada, certificou a súa plaza no playoff nas últimas xornadas. Un equipo con moito potencial que inda deixándose algún resultado malo polo camiño certificou unha campaña espléndida na que todavía teñen moito que dicir, veremos o que dan de si nun playoff de ascenso que ten todos os ingredientes para ser apaixoante.

Nada máis por aquí, sorte a todos, voltamos para a semana.

Un saúdo

Karnixouvas