venres, 24 de febreiro de 2017

Horarios Xornada 17 1ª e 2ª División

Partidos interesante en primeira, coma o do líder contra Red Skins, dous equipos que veñen de gañar os seus dous últimos partidos na xornada dobre, el Marrajos-Amenaza e os dous de Ralarsa contra Basket Hound e 100 Tolos.
En segunda , coma partidos interesantes, os dous de Ángel Mapfre contra Dragon´s e S.M. e o de Deportes Balbi contra Lore. Veremos coma remata a semana...
De outros temas creo que xa se falou bastante durante toda a semana... 

xoves, 23 de febreiro de 2017

3ª División. Resultados Xornada 16 | Horarios Xornada 17


Algo tarde pero aquí estamos cos resultados da xornada pasada e os horarios para a vindeira en terceira división.

Antes de comezar, quería destacar unha nova que saíu hoxe na prensa acerca do seguro da Vigo en Xogo e que xa están comentando no fío de primeira. Aquí a noticia. Básicamente trata sobre un problema que están afrontando os compañeiros de un equipo de fútbol 7 no que dous dos seus integrantes sufriron unha lesión e o seguro négase a facerlles probas e moito menos a operalos dado que o incidente tivo lugar sen a intervención de outro xogador. E dicir, que se lesionaron eles sos. Por si tiñamos pouca historia co tema das canchas, agora resulta que o seguro que pagamos non nos vai cubrir nestes casos. Imos de mal en peor, ata cando vamos a seguir aguantando?

Por certo, o tema dos grupiños do whatsapp, seguimos igual...de 30 equipos teño o teléfono de 4. Despois queremos poñernos dacordo...

Vamos cos resultados da xornada 16

  • Vikings 53 - Don Balón Momper 37: Vikings está espertando e adopta postos máis competentes na categoría despois desta victoria ante Don Balón Momper que aculuma dúas victorias consecutivas e baixa dous postos de golpe. Con un pouco de sorte Vikings pode aspirar a rascar algo máis por arriba, polo momento xa puxeron algo de distancia coa parte baixa da clasificación.
  • C.B. Mariano 28 - Lonza 38: sorpresón, Mariano pinchou estrepitosamente contra Lonza, cun resultado moi inesperado e perde opcións a loitar pola terceira plaza. Non entraba nos seus plans perder contra Lonza e non sabemos tampouco a que se debeu ese resultado tan baixo. Lonza pola súa parte consegue unha victoria igualmente inesperada e importante para entrar nese apretado grupo medio.
  • Black Roosters 21 - N-Beade 46: Black Roosters non levanta cabeza e poucas opcións vexo de que cambien as cousas para eles. De aquí a final de tempada ten pinta de que non van a pasar dese 9 posto que ocupan e poderían incluso caer ó último. N-Beade salvou sen contratempos o partido e xa poden pensar no seguinte.
  • Abaco 28 - Ouxo 62: duro rival para Abaco que non puido facer nada por evitar unha derrota abultada frente á apisonadora de Ouxo, que están noutro planeta totalmente. Pouco que comentar ó respecto.
  • Raiders 40 - R.Portas C.B. 42: moi desputado este partido entre os outros dous equipos que ocupan plaza de promoción e que polo que parece puido decantarse de calquera lado. Portas parece que comezou con moita intensidade ata que chegou a segunda parte e caíron en picado, algo que aproveitaron os de Raiders para deixar o marcador moi axustado e quedar ás portas da victoria. Triunfo importante para Portas que salva así o average particular entre ambos.
  • Vikings 50 - C.B. Mariano 35: pleno para Vikings este fin de semana e descalabro para Mariano. Dúas victorias para un, dúas derrotas para o outro. Vikings está facendo as cousas moito mellor do que nos tiñan acostumados, nótase a progresión, xa tardaba en chegar. Mariano fai aguas nun fin de semana para esquecer e comeza a perder as patas da silla do cuarto posto, inda lles queda renta pero non se poden permitir fins de semana como este.
  • Raiders 52 - N-Beade 35: importante victoria para Raiders para seguir mantendo diferencia cos perseguidores e non perder opcións por arriba. N-Beade non estivo moi atinado e non puido ser competitivo nesta ocasión. Ambos pechan o fin de semana con unha victoria e unha derrota, así que non está de todo mal.



Vamos co repaso á vindeira xornada.

  • Raiders - Vikings protagonizaran un partido moi interesante non que de seguro ningún dos dous vai deixarse nada para conseguir a victoria. Raiders está obligado a seguir o ritmo que marcan Ouxo e Portas, e Vikings ten fame e vai a por todas.
  • Portas - Abaco xogarán un partido bastante intrascendente no que as apostas dan como favorito claro a Portas e hai poucas opción para a sorpresa, a pesar da mellora de Abaco das últimas xornadas
  • Ouxo Bouzas - Black Roosters: pouca trascendencia tamén neste partido e apostas igualmente claras tamén para a victoria de Ouxo. Black Roosters a aguantar o temporal
  • N-Beade - C.B. Mariano: outra sopresa para Mariano? a priori non debería ser, pero visto o visto este fin de semana todo pode suceder. N-Beade ven con case tanta fame como Vikings, veremos que pasa.
  • Lonza - Don Balón Momper: fai unhas xornadas os postos eran totalmente o revés. Persoalmente apostaría por Lonza, pero é certo que Don Balón Momper non pode empeorar máis a súa situación.
  • R. Portas C.B. - Ouxo Bouzas: o partido da xornada. Moitas ganas de ver o que sae de aquí. Ouxo leva un ritmo imparable. Xogan baloncesto de segunda (algúns din que de primeira) e están arrasando no seu debut na competición. Portas quere seguir amosando que está ahí para facerlle fronte a quen sexa e inda que os seus resultados non son tan contundentes como os de Ouxo, tamén nos teñen acostumbrados a ofrecer moito máis do que se agarda deles. O mellor ataque da liga fronte a mellor defensa, collan sitio...
  • Abaco - Lonza: Abaco non vai poder aproveitar a doble xornada que ten Lonza, xa que é o seu primeiro partido do fin de semana. Inda así damos un voto de confianza. Lonza pode rematar esta doble xornada en plena zona media. Todo depende deles.
Sorte a todos

Un saúdo

Karnixouvas

luns, 20 de febreiro de 2017

Resultados xornada 16 1ª e 2ª División

Bos resultados para Uvigo Basket (que abren unha brecha de tres partidos sobre os segundos, nunha dobre xornada para eles de alta puntuación) e Red Skins na primeira división. Basket Hound, Amenaza, 100 Tolos-Puño de Amura e Ralarsa gañaron alomenos un dos partidos que disputaron (un no caso dos dous últimos). Perderon Neogeo e Marrajos, e Alcoba e Amfiv os seus dous partidos, co que cada vez queda máis lonxe a posibilidade de salvación para os últimos. Coidado coa loita polas dúas últimas prazas de descenso, que se apertan cada vez máis.
En segunda SM gañou o partido da xornada a Lore e seguen con paso firme. Deportes Balbi gañou a Ángel Mapfre , que sufríu no seu partido contra Alcume, e Exacta gañou os seus dous partidos. Jedys conseguiu a súa terceira victoria consecutiva e os Dragon´s fixeron bos os pronósticos. Coma se está a apertar todo aquí tamén, miña nai...

venres, 17 de febreiro de 2017

Resultados xornada 15 e horarios xornada 16 primeira e segunda

Desculpas por non ter feito as crónicas dos partidos de primeira e segunda. Pouco tempo para elo... Resultados interesantes para Uvigo, Basket Hound e Amenaza, que gañaron os seus dous partidos, e mala para Red Skins, Neogeo e Amfiv, que seguen na zoa de descenso. En segunda, boa victoria de Lore e gran xornada de Jedys, que gañaron os seus dous partidos os equipos da zona media-alta da táboa. ¿Será este o rexurdir da forza?...
En primeira este fin de semana, prato forte entre o primeiro e o segundo da liga...
En segunda , Lore deberá demostrar se a victoria da semana pasada ten continuidade, ou se os rapaces de Sm continúan coa súa boa racha...

mércores, 15 de febreiro de 2017

3ª División. Resultados Xornada 15 | Horarios Xornada 16

 
A sorte aliouse con nós esta fin de semana e pese a que o domingo choveu, parece que todos os partidos puideron xogarse sen problema. Como non podía ser doutro xeito, Balaídos tiña que ser noticia por algo, e desta vez o tema foi que non había auga quente nos vestiarios, unha máis para a colección...

Vexamos que aconteceu nesta xornada
  • N-Beade 31 - Abaco 37: Premio para Abaco!, e un servidor que se alegra por eles e por seguir levantando a cabeza despois do mal que comezaron as cousas para eles. O danmificado foi N-Beade que está perdendo ritmo nas últimas xornadas e apunta a perder algún que outro posto na clasificación.
  • Lonza 32 - Black Roosters 31: victoria pola mínima para Lonza que afasta un puntiño máis a parte baixa da clasificación. Ou as defensas foron moi boas ou ningún dos dous equipos estiveron atinados, penso máis ben que o segundo. Black Roosters segue caendo en picado unha xornada máis, a pesares de perder por so un punto.
  • Don Balón Momper 41 - C.B. Mariano 50: bo rexistro anotador neste partido a pesares de tratarse dun dos dous madrugadores do domingo. Mariano acadou unha victoria importante na súa carreira polo terceiro posto e achégase algo máis a Raiders. Don Balón Momper non estivo nada mal quedando a 9 e seguindo estable na clasificación.
  • R. Portas C.B. 41 - Vikings 35: o outro partido das 9:30 do domingo gañouno Portas por unha pequena diferencia frente a Vikings. Para eles Portas non entra na súa quiniela, pero sempre é importante aproveitar as oportunidades. A pesar do esforzo quedoulles un anaco para conseguir a victoria. Portas pola súa banda cumpliu co esixido para seguir no alto da clasificación xunto a Ouxo.
  • Ouxo Bouzas 53 - Raiders 25: Ouxo segue sen rival e doblou en anotación ó terceiro clasificado, Raiders, que polo que parece, poucas opcións tiveron de facerlles fronte. Polo de agora ninguén atopou o modo de sacar unha victoria frente a eles, e non me estrana dada a facilidade coa que xogan.
E deixámosvos cos horarios da seguinte xornada, cun par de partidos recuperados da xornada pasada.

Recordo que estamos tentando facer UN GRUPO DE WHATSAPP PARA CADA UNHA DAS DIVISIÓNS, para tratar o tema das pistas, tomar decisións conxuntas e ter un contacto entre todos,  que sempre pode vir ben. ENVIÁDEME A KARNIXOUVAS@GMAIL.COM O NOME E TELÉFONO DUN RESPONSABLE DE CADA EQUIPO PARA PODER ORGANIZALO.



Un saúdo

Karnixouvas

venres, 10 de febreiro de 2017

Xornada 15 1ª e 2ª (a xornada 13 dame a risa)


Poño os horarios da xornada de primeira e segunda. Hai que poñer algo.
A xornada do sábado probablemente se poderá disputar. Da xornada do domingo noraboa en primeira a Neogeo e La Alcoba que probablemente poidan xogar (aínda que Teis non é o mellor sitio con chuvia). en segunda noraboa os do Berbés que eses xogan seguro, e os de Balaídos do sábado. O resto... Escacho coa risa...
Por certo, ¿a alguén dos que mandaron os correos contestáronlle?. Só por curiosidade...

xoves, 9 de febreiro de 2017

3ª División. Horarios Xornada 15


Se esta liga non tiña data de caducidade vai sendo hora de ir poñéndoa. Despois do despropósito da semana pasada, chegamos a outra con semellante panorama. Os de Teis serán os únicos garantizados, así que so falaremos sobre eles.

  • N-Beade - Abaco: N-Beade ten o seu posto en xogo e unha derrota non debería cadrar dentro das súas opcións, menos inda cando o rival e Abaco que a pesar de seguir último na clasificación ven de facer un bo partido frente a Don Balón Momper o que deixa aberta algunha posibilidade
  • Lonza - Black Roosters: Lonza ten como rival ó seu principal competidor na clasificación, e tras a derrota frente a Raiders pode ver un pouco máis de luz cun rival máis asequible como Black Roosters, que veñen de perder un partido de moi baixa competencia con Don Balón Momper (22-26).
Xa por último, como vexo que esto de Balaídos é a historia interminable, fágome eco dun comentario no que se comentaba a posibilidade de facer un grupo de Whatsapp para coordinarnos cando se dean situaciones como as do fin de semana pasado. Se vos parece ben, a idea é que cada equipo me envíe por correo a karnixouvas@gmail.com o teléfono dun responsable para facer o grupo e así poder tomar decisións conxuntas e ter un medio de comunicación directo entre nós. Como sei que haberá xente que non pasa moito por aquí, comentádeo cos vosos rivais para que todos colaboremos.

Un saúdo

Karnixouvas