mércores, 7 de novembro de 2018

1ª División. Resultados Xornada 3 | Horarios Xornada 4




2ª División. Resultados Xornada 3 | Horarios Xornada 4




Castrelanos (48), sufriu de novo unha dura derrota esta vez a mans de Amfiv 2 (71), un equipo que en pasadas campañas andaba desnortado, pero que están ante unha nova oportunidade para facer as cousas ben e voltar a ser o equipo que eran no pasado, inda máis se nos cremos o que nos contan de que remataron en pista con 3 ou 4 xogadores. Mal de novo Castrelanos, que empezan a ver como o que lles parecía unha categoría feita á súa medida, comeza a poñerlles as cousas difíciles como non sexan capaces de levantar a cabeza. Veña rapaces que hai que dar o callo inda que sexades novatos en segunda.

Centro de Estudios Lore (44) voltaba a verse as caras con Redskins (48) despois de que o ano pasada baixaran ambos de segunda. Quedamos coa estupenda crónica no blog dos Reds, nun partido probablemente moi interesante de ver. Os Reds seguen mandando na clasificación, despois dun partido cun resultado máis mundano ante os ex-Alcabre que seguen de preto desde o terceiro andar.

O domingo pola mañá en Teis víronse as caras Exacta-Sperta (68) e R.Portas Overtake (63). Partido de tu a tu onde ningún dos dous equipos pisou o freno na puntuación, levando Exacta a victoria por un estreito marxe e acumulando un 3-0 na clasificación. Bo momento o que atravesan, non así para Portas, que con este fan un 0-3 inda que xa amosan algo máis de xeito que nas primeiras xornadas.

Pechamos o repaso da xornada co Grupo Premir (31) Neogeo-Camaleón (48). Ata a terceira xornada tiveron que agardar os rapaces de Neogeo para conseguir a primeira victoria, a costa de un Grupo Premir ós que probablemente se lles fixo largo o partido.

Un saúdo

Karnixouvas

3ª División. Resultados Xornada 3 | Horarios Xornada 4



mércores, 31 de outubro de 2018

1ª División. Resultados Xornada 2 | Horarios Xornada 3




2ª División. Resultados Xornada 2 | Horarios Xornada 3



Con algo máis de rodaxe nas pernas chegou a segunda xornada de liga en segunda división onde os equipos que acadaron a victoria fixérono sen demasiado esforzo, polo que parece polos resultados.

Neogeo-Camaleon sufriu unha seria derrota ante Exacta-Sperta, equipo que o ano pasado quedou na cola do grupo que pelexaba polo ascenso e que semella queren volver a entrar este ano nese grupo con máis confianza. Unha victoria de 20 puntos ante un dos descendidos de primeira sempre é un aliciente e acumulan xa un 2-0 de balance na clasificación. Neogeo leva o mesmo balance pero en contra. É pronto para facer cábalas en todolos sentidos, tampouco podemos contrastalo coas súas crónicas (que pasa co blog rapaces?), así que agardaremos aos seguintes resultados para ver con que ánimo afrontan esta tempada.

R.Portas Overtake voltou a saír derrotado na segunda xornada ante un ex-primeira como Centro de Estudios Lore. Non están comezando con bo pe, tal como lles sucedera o ano pasado, onde tiveron unha clara progresión que lles fixo merecedores de un posto seguro nesta categoría. Lore non deixou pasar a oportunidade para facer os deberes e asegurar a súa segunda victoria en liga que os coloca no terceiro posto da clasificación. Crónica no blog de R.Portas

Redskins 30 Aniversario deron boa conta dos novatos da categoría, Castrelanos, que non foron capaces de pasar dos 20 puntos nos 50 minutos, e levan unha de cal e outra de area no seu estreno en segunda división. Redskins están a tope de ganas, con amplas convocatorias e bo ánimo, o que unido a súa boa vontade estalles a regalar boas sensacións neste arranque de liga, onde xa avisan que van a por todas sexa cal sexa o rival, sen baixar os brazos. Castrelanos agardará un enfrontamento máis axeitado para volver coller o ritmo que xa pensaban que tiñan nas pernas despois da primeira xornada. Crónica no blog de Redskins

Amfiv 2 estrenouse con derrota ante Angel Mapfre, que din por ahí que veñen reforzados este ano. Concederémoslle o beneficio da dúbida á xente de Amfiv,  a súa primeira xornada tampouco conta ;-)
Angel Mapfre ben disposto a arranxar os problemas que os afundiron a tempada pasada e queren amosar todas as cartas desde o principio, veremos como lles vai de aquí en diante.

Un saúdo

Karnixouvas

3ª División. Resultados Xornada 2 | Horarios Xornada 3