mércores, 24 de outubro de 2018

1ª División. Resultados Xornada 1 | Horarios Xornada 2



Buscamos redactores para 1ª división. Anímaste a facer análises das xornadas?. Escribe nos comentarios o resultado e unha pequena crónica do partido do teu equipo e incluirémola na seguinte publicación.

2ª División. Resultados Xornada 1 | Horarios Xornada 2



A primeira xornada non conta, eso din moitos xD, pero hai que estar ahí para sair airoso e levar a victoria para casa.

Angel Mapfre sufriu en carne propia a apisonadora dos Redskins que están chamados a ser os xusticieiros da categoría e con motivos. Resignados a xogar esta temporada en segunda división van facer o necesario para voltar a primeira sen deixar que este ano faga moita marca no seu historial. Angel Mapfre non tivo rival fácil para a súa primeira xornada de liga, é certo, pero teñen moito terreo que recuperar este ano despois dos malos resultados do ano pasado. Sorte e ánimo. Aquí a crónica do blog de Redskins

Castrelanos un dos novatos da categoría deu conta de R.Portas o sábado en Navia. A sorpresa da xornada. Seica as pernas e a cabeza deste equipo xove soubo estar ó nivel que se espera deles este ano e gañaron un partido cómodo ante un desbaratado Portas que semella estuvo lonxe do nivel que amosaron na segunda volta da pasada campaña.

Centro de Estudios Lore e Neogeo-Camaleon voltaron verse as caras este ano xa en segunda división. Un ano que ambos agardan sexa máis xeneroso con eles do que foi o pasado en primeira. O resultado de 41-40 é un reflexo do competido que pode estar este ano a pelexa polos postos de ascenso. Veremos como se lles dan os vindeiros partidos.

Exacta Sperta conseguiu a victoria fronte os recén ascendidos Grupo Premir cun estreito marxe de sete puntos. O ano pasado conseguiron meterse no grupo que pelexou polo ascenso quedando finalmente fora das quinielas e seguro que este ano van facer o posible por voltar. Premir é todavía unha incógnita para min, veremos o que son capaces de facer.

Un saúdo

Karnixouvas

3ª División. Resultados Xornada 1 | Horarios Xornada 2



Buscamos redactores para 3ª división. Anímaste a facer análises das xornadas?. Escribe nos comentarios o resultado e unha pequena crónica do partido do teu equipo e incluirémola na seguinte publicación.

mércores, 17 de outubro de 2018

1ª Division | Horarios xornada 1


Buscamos redactores para 1ª división. Anímaste a facer análises das xornadas?. Escribe nos comentarios o resultado e unha pequena crónica do partido do teu equipo e incluirémola na seguinte publicación.

2ª División | Horarios xornada 1


Non era sen tempo! por fin da comezo a competición nesta nova tempada de baloncesto na Vigo en Xogo 2018/2019.

Este ano volvemos ter grupo impar en segunda, formado por 9 equipos, tres procedentes de 1ª división (Redskins 30 Aniversario, Centro de Estudios Lore e Neogeo-Camaleon), dous de 3ª (Castrelanos e Grupo Premir) e catro do ano pasado de segunda, Exacta Sperta que xogou playoff polo ascenso, quedando en último lugar neste grupo, R. Portas Overtake, que foi o mellor do grupo pola permanencia, Amfiv, que foi de menos a máis e salvou a categoría, e Ángel Mapfre que salvouse in extremis pola particularidade da categoría, na que subiron 3 e baixaron 2.

Todo listo para o regreso ás canchas. Boa sorte a todos!

3ª División | Horarios Xornada 1


Buscamos redactores para 3ª división. Anímaste a facer análises das xornadas?. Escribe nos comentarios o resultado e unha pequena crónica do partido do teu equipo e incluirémola na seguinte publicación.

luns, 4 de xuño de 2018

Final Tempada 2017/2018

Coa celebración das semis e final de copa este sábado poñemos punto e final a esta campaña 2017/2018 de baloncesto na Vigo en Xogo.

Felicitar en primeiro lugar a 100 Tolos Puño de Amura polo doblete liga+copa acadado este ano, entrando no playoff polo título en cuarta posición, e conseguindo un balance final de 7-1 que lles deu o título e alas para apostar forte pola copa.

Noraboa tamén aos equipos que ascenden de categoría este ano. En segunda división: Ouxo Bouzas, Deportes Balbi e Alcume Basket. En terceira división: Castrelanos, Guitian Kids e Escravos.

E moita sorte aos que non a tiveron este ano perdendo a categoría. En primeira división: Red Skins Osis, Centro de Estudios Lore e Neogeo-Camaleón. En segunda división: Angel Mapfre, Academia Atenas e Raiders.

Grazas aos que aportades o voso graniño facendo comentarios e dando réplica ó que aquí escribimos todas as semanas.

Un saúdo

Karnixouvas