luns, 16 de outubro de 2017
xoves, 12 de outubro de 2017
mércores, 11 de outubro de 2017
2ª División. Resultados Xornada 2 | Horarios Xornada 3
A segunda xornada en segunda división deixounos con algunha sorpresa e algunha victoria incontestable.
Ouxo-Bouzas non deixou marxe para que Deportes Balbi puxera unha pedra no seu camiño e continúan con boas sensacións neste arranque da tempada. Seica pretenden repetir a xesta do ano pasado en terceira, onde lideraron con puño de ferro a categoría e a dicir verdade sen demasiado esforzo. Deportes Balbi semella que non tivo a sorte do seu lado e estrenan o seu casilleiro de derrotas.
R.Portas Overtake encadea a súa segunda derrota, neste caso por 7 puntos ante Angel Mapfre. Está a costarlles moito este inicio de liga inda que parece que foron máis competitivos que no partido do finde pasado, polo que poden seguir tendo esperanzas de mellorar nos vindeiros partidos. Angel Mapfre non deixou escapar a oportunidade despois da dura derrota da primeira xornada ante Ouxo e impuxo o seu estilo para levarse un partido traballado.
Raiders converteuse na sorpresa da xornada ó vencer a Amfiv, polo que comentan ademáis sen demasiados problemas. As estadísticas están para rompelas e velaquí temos o primeiro exemplo. Moitas veces damos por sentado que os que suben das categorías inferiores non son mínimamente competentes, independientemente de como lles fora o ano pasado e Raiders ven de confirmar que veñen en serio a participar nesta categoría. Amfiv, que comezou a tempada cun recital ante Portas, buscaba facer o mesmo ante Raiders e seica non lles saíu dereito.
Academia Atenas e Alcume protagonizaron o partido máis apretado do día, cun resultado de 43-47 que relega ós académicos á penúltima posición da clasificación e aúpa o seu rival ó segundo posto. Ningún dos dous quere volver transitar este ano pola zona baixa da táboa. É pronto todavía para facer previsións, así que veremos o que acontece nos próximos partidos, con ambos equipos máis rodados.
Con esta xornada vista para sentencia, achegamos horarios para a vindeira. Deica a próxima semana.
Un saúdo
Karnixouvas
luns, 9 de outubro de 2017
xoves, 5 de outubro de 2017
Xornada 2 Primeira División

Pou Pou dixit: 4/10/17 12:12
Tenemos horarios (Turi está que lo peta!!!) En primera:
Veterinaria Menciña vs Marrajos: Domingo Berbés 12:45. Tras sus victorias en la primera jornada partido para calibrar a los veterinarios y ver cúal es la medida de su potencial. A los escualos ya los tenemos calibrados de sobra ��. Apuesto por estos últimos.
Neogeo vs Lore: Sábado Teis 18:30. Por lo visto en la primera jornada, arrancaron muy bien unos y muy mal otros. Neogeo tiene más rodaje en la categoría y debería hacerlo valer sí quieren consolidarse en ella.
Red Skins vs Ralarsa: Domingo Berbés 10:15. Los Indios han vuelto a una senda del triunfo que no querrán abandonar, además el partido tiene un cierto aire a revancha tras las victorias inapelables y decisivas de los cristaleros el año pasado que en buena medida contribuyeron a determinar la ignominiosa posición final de descenso de los de la tribu.
Uvigo vs Basket Hound: Domingo Berbés 11:30. En mi opinión el partido de la jornada y el de más difícil pronostico. Uvigo sigue en la línea que lo llevo a ser campeón y los sabuesos han empezado con el pie izquierdo y aun así no lo tengo claro. Apuesto por los universitarios pero con muchísimas reservas.
El partido entre fantasmas y crustáceos se aplaza por circunstancias para mi desconocidas, lo que sí sabemos es que ambos empezaron palmando y el que pierda podría coger una dinámica negativa muy peligrosa; así que supondremos que alguno de los dos ha considerado que no podía presentar una convocatoria de garantías y ha pedido el aplazamiento.
Suerte a todos.

mércores, 4 de outubro de 2017
2ª División. Resultados Xornada 1 | Horarios Xornada 2
A primeira xornada de liga en 2ª división comezou o domingo ben cedo, ás 9 da mañá co partido entre Alcume Basket e Raiders onde os primeiros impuxéronse por dez puntos ó equipo recén ascendido. Alcume tratará de facer o posible por non ter que verse outra vez esta tempada nos postos de descenso, categoría que salvou por reaxustes e comezan ben, Raiders pola súa parte ten a responsabilidade de facer un bo proxecto que os manteña nesta competida categoría, veremos o seu progreso.
A xornada seguía co partido entre outro ascendido, Ouxo e Angel Mapfre. Moito deron que falar o ano pasado os de Ouxo co nivel que estaban amosando na categoría de bronce. Moitos comentaban tamén que tiñan potencial de sobra para ser un equipo de primeira e votaron por eles para facer un bo papel na copa. Non foi así e quedaron ás portas no seu primeiro enfrontamento cun equipo de segunda. Este ano xa en segunda están dispostos a facer un papel similar o do ano pasado. Non vai ser tan doado seguro pero comezaron con bo pe esta tempada cun resultado moi positivo ante o seu rival, que polo que contan nos comentarios sufriron a eficiencia dos de Bouzas desde o minuto un. Angel Mapfre rematou a tempada pasada en metade da taboa e seguro que non pensaran nun obxectivo menor para este ano.
En Navia desputábase a media mañá o Amfiv - R.Portas Overtake, recén descendido contra recén ascendido. Amfiv chegaba escaldado de primeira división onde so conseguiron unha victoria o ano pasado. Portas chegaba a segunda cun balance de 22-4 e moitas esperanzas para comezar unha nova etapa en segunda, pero o certo e que non semellan os mesmos. Amfiv pasou por riba deles sen compaixón e Portas non tivo outra que aguantar o chaparrón e terá que agardar a que escampe. Está claro que Amfiv quere volver a reinar en segunda, despois do varapalo sufrido en primeira. Veremos como se desenvolven ambos nas vindeiras xornadas.
O partido restante Deportes Balbi - Exacta Sperta, rematou con victoria para Balbi que comeza con bo pe esta tempada, dispostos a mellorar ese séptimo posto que tanto lles custou acadar o ano pasado. Exacta quedou ás portas do ascenso a pasada campaña e non tivo a sorte do seu lado desta vez. Pola configuración desta categoría este ano poderíamos pensar que teñen máis posibilidades, pero é moi cedo todavía para facer previsións.
Pouco máis se lle pode pedir á primeira xornada, onde algúns equipos están buscando o seu ritmo e outros parecen seguir tan en forma coma o ano pasado. Agardaremos ás vindeiras xornadas para facer unha comparativa máis realista e ver onde está cada equipo.
Deixovos cos horarios para a 2ª xornada.
Un saúdo
Karnixouvas
mércores, 27 de setembro de 2017
2ª División. Horarios Xornada 1
Moi boas a todos, Karnixouvas por aquí, disposto para dar comezo á tempada 2017/2018 de Vigo en Xogo, desta vez encargándome da 2ª división.
Finalmente saímos de dudas e atopámonos con que este ano voltamos ó formato de competición antigo con liga regular a ida e volta + playoffs, con opinións encontradas e a polémica servida pola disparidade entre as diferentes categorías, con dez equipos en primeira e nove en segunda e terceira.
O tema Balaídos tamén rondou polas cabezas da maioría e parece ser que ata xaneiro non estarán abertas de novo, así que polo de pronto podemos esquecernos desta problemática durante un tempo.
Agardo que a miña aportación a este blog sexa do voso agrado durante a campaña que imos comezar e do mesmo xeito agardo os vosos comentarios.
Comezamos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)