A copa xa ten os seus clasificados para o cartos de final. Repasemos o que deu de si a fin de semana.
- Deportes Balbi 48 - N-Beade 33: abriron a veda da fase previa dous equipos de terceira o sábado pola tarde na cancha de Candeán. Terceiro e cuarto clasificado fronte a fronte e victoria, sen maior problema para Balbi, que pasaba a fase e enfrontaríase o domingo a Exacta-Sperta.
- Lonza 31 - Basket Hound 65: tocáballe o turno a Lonza, equipo da zona intermedia de terceira frente o todopoderoso Basket Hound, que se traduciu nun paseo para estes últimos e progreso a oitavos frente a Dragon's.
- Miami 44 - C.B. Los 80's Alcabre 58: pechaba a fase previa o enfrontamento entre dous de segunda, cuarto e último. Polo que contan Miami sufriu o poderío na pintura dos rapaces de Alcabre que colleron a vantaxe suficiente para chegar o final do partido coa victoria no peto inda que non sen pelexala. Miami deu outra mostra de esforzo que lles soubo a pouco e despidense da copa ás primeiras de cambio.
- Neogeo Lunic 46 - Amfiv 2 42: o sábado comezaba na cancha de Bembrive a desputa dos oitavos, co partido entre Neogeo e Amfiv, unha reedición do derradeiro partido de liga que desta vez tornouse con victoria para os de Neogeo cun apretado marcador que da mostras da intensidade defensiva que comentan se levou durante todo o partido. Progresión por tanto para Neogeo que terá a Deportes Balbi como rival de cartos a vindeira semana.
- Piñeiro K.C.E. 38 - Colegio Mariano 45: pechaban os oitavos do sábado dous equipos que voltarán a verse as caras a vindeira campaña en terceira. Piñeiro viña disposto a aproveitarse da precaria situación de Mariano en liga para conseguir o seu pase a cartos e estiveron preto de conseguilo sometendo a Mariano cunha boa primeira parte. Mariano espertou a tempo para coller o mando e rematar 7 puntos por arriba, e xa poden pensar en C.B. Los 80's Alcabre, o seu próximo rival.
- Cafeterías Tambo 66 - Raiders 48: o domingo a primeira hora da tarde reanudaríase a competición co subcampión de terceira contra Raiders. Tambo parece que non tivo demasiados problemas para selar o seu paso a cartos, ante uns Raiders que inda perdendo o partido foron quen de facerlle case 50 puntos.
- Deportes Balbi 34 - Exacta Sperta 31: á mesma hora inda que en distinto lugar, Balbi xogaba o seu segundo partido da fin de semana, fronte o campión de terceira. Xa lles gañaron na derradeira xornada de liga e voltaron facerlo desta vez en copa, deixando claro que a hexemonía de Exacta en terceira non foi total. A vindeira temporada veranse as caras en segunda. Polo de pronto Balbi acada o seu posto nos cartos, onde terán a un duro rival como Neogeo diante.
- Basket Hound 70 - Dragon's Spirit 40: se o día anterior gañaban os de Basket por "trintaetantos" o domingo facían a propio fronte a Dragon's que polo que parece non tivo nin unha soa posibilidade. Aquí cheira a campión de copa...
- Escravos 80 - Abaco Grastronomía 50: os colistas de terceira fronte a fronte e as defensas que as deixaron na casa, so así se explica ese marcador, o máis alto da xornada e que clasifica a Escravos para cartos, onde agarda impaciente Tambo.
- Guitian Kids 58 - C.B. Cahersa Globossol 42: Guitian devolveulla a Cahersa, na reedición do partido da última xornada de liga no que sucumbiron os Kids e que xa ven de reollo o "coco" que lles tocou en cartos.
- Black Roosters 28 - C.B. Los 80's Alcabre 55: en sesión vespertina e para poñer o punto e seguido a copa, Black Roosters fronte a Alcabre. Os de terceira cun equipo moi descompensado so foron capaces de facer 28 puntos o marcador máis baixo da xornada. Alcabre pola súa banda chegou cómodamente os 55 e xa prepara o seu seguinte encontro fronte a Colegio Mariano en cartos.
Nada máis por hoxe! O xoves actualizamos o cadro cos horarios da seguinte fase.
Saúdos
Karnixouvas







