Boas a todos! A 19ª xornada deixou resultados sen sorpresas nos que os mellor posicionados na clasificación impuxéronse sobre os seus rivais, deixando un panorama moi similar ao da xornada pasada.
- Basket Hound 51 - Neogeo Lunic 42: Non tiveron sorte os rapaces de Neogeo no seu asalto particular ao liderato da táboa. Polo que comentan, a pesares de un bo inicio con tímida vantaxe para eles, Basket Hound pronto colleu as rendas do partido e comezaron a marcar os ritmos. A verdade é que levan razón e case ninguén dubida que se trata dun dos mellores equipos da categoría, e non so polos seus resultados, senón pola forma que teñen de plantexar os partidos e o que amosan na pista. Merecida victoria polo tanto.
- C.B. Cahersa Globossol 49 - Miami 46: Bo e reñido partido o que xogaron Cahersa e Miami, no que parece ser Miami levou a batuta a maior parte do tempo, pero que non soubo aproveitar as variadas posibilidades que se lles presentaron no partido. Cahersa con 6, primeiro quedan con 5 por un lesionado e despóis con 4 pola quinta falta de outro. Xogaron con 4 máis o lesionado e levaron o partido e por diante as aspiracións de Miami. Varapalo para eles, nun partido que seguramente mereceron gañar pero no que pagaron caros os despistes.
- C.B. Los 80's Alcabre 46 - Guitian Kids 33: Enfrontamento entre o 4º o e 7º clasificado. Deste non temos opinión, así que non sabemos o que pasou realmente. Alcabre non podía perder este partido para seguir dando resposta aos de arriba, e así foi. Guitian pola súa parte segue atascado nos postos de descenso e ve como a distancia co 6º comeza a ser máis grande do desexado.
- Colegio Mariano 36 - Dragon's Spirit 49: Boa racha a de Dragon's que levan 3 partidos sen perder amosando que teñen batería para rato. Inda están a tempo de poñer en apuros aos de arriba, e a verdade é que estaría ben ter un novo ingrendiente na pelexa polo 3º posto! No partido parece que non tiveron maior problema para derrotar a Mariano, non sen esforzo, porque despois de un comezo sinxelo, Mariano púxose a facer o que mellor sabe, presionar en individual e parece que lles deu resultado, tendo que poñer Dragon's un puntiño máis de intensidade para sentenciar o partido.
Todo listo pois para a vindeira xornada. Voltamos o xoves cos horarios.
Saúdos
Karnixouvas




